+ 34 981 508 142

Campaña promocional "A pinga de mel"

16 de decembro de 2015

Comezamos unha campaña titulada "A pinga de mel", que ten como obxectivos:

•       Facer difusión dos produtos apícolas
•       Divulgar sobre a importancia das abellas
•       Visibilizar o facebook e a web de AGA
•       Promover a participación dos socios e socias
•       Implicar a outros colectivos (consumidores, bibliotecas, escolas…)

 

Utilizaremos os materiais que preparamos e distribuimos durante este ano coa imaxe da Pinga, camisetas, delantais e pegatinas, e incluirá unha serie de eventos dirixidos a diferentes públicos, dos que iremos informando ó longo do ano.

 

A primeira das actividades será "Eu son a pinga" no facebook de AGA

Consiste en enviar unha foto orixinal coa camiseta ou o delantal "Eu son a pinga" que será publicada no noso facebook. Pode ser individual ou en grupo, con persoaxes divertidas, en lugares especiais…

De entre tódolos participantes faremos un sorteo aberto ó público dunha cesta de produtos apícolas, o día 20 de marzo, coincidindo coa entrada da primavera, que publicaremos no facebook. Se o gañador/a non está presente, enviarémoslle a cesta ó seu domicilio.

Enviar a foto a info@apiculturagalega.es co nome completo, enderezo e teléfono de contacto antes do día 15 de marzo de 2016.

Para quen todavía non teña a súa camiseta, pódese consultar a información sobre modelos, tallas e prezos neste artigo da web: "Camisetas e delantais A Pinga á venda". O pedido pódese facer por email a info@apiculturagalega.es ou no teléfono 981 508 142 e enviaráselle ó seu domicilio.

 


Voltar