+ 34 981 508 142

Carta do COEUR: Pensade na abella!

Carta publicada polo COEUR - Coordinadora Europea de Apicultura con motivo do Congreso Apícola Europeo celebrado en Lovaina - Bélxica o 9, 10 e 11 de novembro de 2013. 

Para hoxe e para mañá,
Para unha agricultura intelixente:
Pensade na abella!


'Pensar na abella': mirar o mundo a través dos ollos dunha abella.
Iso cambiará a súa mirada sobre a natureza e o mundo. A abella, o ser vivo e a natureza en xeral son extraordinarios: adáptanse e auto-regúlanse para estar en equilibrio.

Responder ás necesidades das abellas: No medio rural, as abellas queren unha paisaxe agrícola de tipo diversa, parcelas con flores diversificadas e a talla humana, para non se afastar demasiado da colmea. Auga fresca e chans limpos onde se poidan pousar sen risco de intoxicación. Unha multitude de flores, néctar e pole para alimentarse. Para iso, as receitas son numerosas e cada un debe poñer de seu: agricultores, consumidores, distribuidores, políticos...

Velaquí dúas pistas simples: Rexeitar a utilización do paquete 'pesticidas & OGMs', así como doutras técnicas emerxentes que van en contra do equilibrio e matan a natureza. Todo está na natureza, basta con comprendela e administrala con razón. Favorecer a biodiversidade e o equilibrio: Iso é posible grazas a técnicas agronómicas e un modelo agrícola que esixe un coñecemento de ciclos e mecanismos da natureza.

Respectar a abella: É unha clave cara a un novo modelo agrícola, con resultados óptimos en termos económicos e de rendibilidade, social e medioambental.

Dende hai máis de 20 anos, as abellas envíannos sinais de angustia. Os métodos de racionalización industriais non son aplicables á natureza, ao ser vivo e polo tanto ao sistema alimentario. A industrialización empurrou ós sistemas agrícolas ao precipicio, a nivel humano e natural - os campos e a maquinaria agrícola sempre máis grandes, os monocultivos que desregulan os sistemas naturais e volven os cultivos 'enfermos', a loita química para facer fronte a estes desarranxos, as resistencias ou debilitamento da natureza, a química de novo para facerlle fronte: en resumo, un círculo vicioso.

A natureza rebélase, novos modelos son necesarios. A abella é unha porta de entrada para sensibilizar e levar automáticamente a reflexionar sobre un modelo agrícola novo, intelixente - que achega as persoas á natureza. Captemos esta oportunidade de obter outra mirada sobre o mundo.

Por esta carta, comprométome a: 

  • Conceder a miña atención aos polinizadores e ás abellas, e sensibilizar ao meu círculo polo feito de que as abellas son unha clave de mantemento da biodiversidade, un pilar da nosa alimentación e un indicador da nosa xestión do medio.
  • Escoitar e comprender as mensaxes de angustia ou de benestar que nos transmiten as abellas. A boa saúde das abellas traducirase na boa saúde da biodiversidade e do medio.
  • Favorecer e desenvolver unha agricultura respectuosa cos polinizadores, que poña os polinizadores no corazón dunha agricultura económicamente rendible e de talla humana - unha agricultura que devolva a vida aos solos, á auga, á biodiversidade.
  • Impedir todas as intoxicacións de seres vivos e do seu hábitat. Impedir entre outros a utilización de todos os medios de loita fitosanitaria de amplo espectro de acción, que presenta unha grande permanencia e que actúa a doses difícilmente detectables: pesticidas, OGM, nanotecnoloxías... Desterrar todas as utilizacións preventivas destes medios de loita.
  • Soster o desenvolvemento, a difusión e a utilización de coñecementos e de prácticas agronómicas e sociais que favorecen o equilibrio dos agroecosistemas, tales como: unha paisaxe agrícola diversificada baseada nun sistema de rotación e nunha carga en gando, permitindo un mantemento da biodiversidade e da flora melífera; os sistemas agrícolas mixtos tales como o agro-forestal, policultivo-gandaría.; a revalorización de cultivos melíferos, como as leguminosas; a estimulación de insectos auxilliares dos cultivos; consumindo alimentos producidos de xeito respectuoso cos polinizadores.

Pola firma desta carta, os apicultores europeos esperan recoller o apoio político e cidadán.

Mais información do COEUR en http://bee-life.eu


Voltar