+ 34 981 508 142

Charla en Gondomar sobre a Vespa Velutina

AGA organiza unha nova charla sobre a Vespa Velutina en:

Gondomar – 24 de setembro ás 19 h. no Centro Neural – Xefatura de Policía

A charla vai dirixida a todas as persoas interesadas e a apicultores e apicultoras que queiran poñer en práctica medidas de control nos seus colmeares. 

A entrada é de balde.

Temas:

1.-O que compre saber sobre a vida e comportamento da vespa velutina nigrotorax.

2.-O avespón asiático unha ameaza real. Colectivos afectados

3.-Como comportarse ante a presenza da V.Velutina.

4.-Vixianza e control, colocación de  trampas para capturar raÍñas fundadoras na primavera, eliminación de niños no verán e outono, quen deberá facer esta labor.

5.-Demostración de elaboración de trampas e atraentes para capturar raíñas fundadoras.


Voltar