+ 34 981 508 142

Charlas informativas sobre a Vespa Velutina

18 de febreiro de 2015

Durante os próximos meses AGA impartirá charlas informativas sobre a Vespa Velutina por toda Galicia. O obxectivo é informar sobre a ameaza ambiental que supón a presencia deste insecto nas nosas terras e ofrecer solucións para controlar os seus efectos no medio ambiente e nas abellas.

As charlas van dirixidas en xeral a todas as persoas interesadas e en particular a aquelas que practican a apicultura e queren poñer en práctica medidas de control nos seus colmeares. A entrada é de balde.

 

 

Calendario de charlas

Santiago de Compostela - 20 de febreiro ás 19 h.
CIAC Centro de Interpretación Ambiental de Compostela no Parque de Belvís de Santiago de Compostela.

Carral - 28 de febreiro ás 19 h.
Casa da Cultura R/ Paleo Carral (A Coruña).

Gondomar - 05 de marzo ás 20.30 h.
IEM Instituto de Estudos Miñoranos 
Av. da Feira nº 10 Baixo - Gondomar (Pontevedra)

Culleredo - 21 de marzo 
Xardín Botánico de O Burgo 
Av. Xoan Carlos I s/n O Burgo - Culleredo (A Coruña).

Tamén se celebrarán charlas nos concellos de Mondoñedo, San Sadurniño, O Vicedo e Ourol (data pendente de confirmar).


Voltar