+ 34 981 508 142

Colmea sintética Anel e outros materiais na tenda Erica Mel

 

Acaba de chegar á tenda de apicultura de Erica Mel un pedido de material do fabricante Anel dende Grecia, que inclúe colmeas, fondos e cadros de plástico de alza e media alza.

 

 

A última novidade en material apícola é a colmea sintética ANEL. As vantaxes de utilizar esta colmea son moitas: resistente, duradeira, lixeira e segura. As súas paredes están recheas de espuma illante de poliuretano que mantén a calor no inverno e o fresco no verán. O plástico que utilizan é da máxima calidade e está certificado para uso alimentario. 

Os cadros de plástico son unha boa alternativa fronte á escaseza de cera. Están tendo moi boa acollida entre apicultores a apicultoras, que ven neste sistema unha redución dos custos a longo prazo e mellora na calidade do material empregado nas colmeas.

 

 

O material de ANEL pódese adquirir na tenda de Erica Mel en Arzúa e na DAGA Ourense en Trasalba (Amoeiro). Para recollelo en Ourense é necesario facer o pedido con antelación a través da delegada de AGA Susana González no teléfono 616 743 166 ou por email trasalba@gmail.com.

 

Estes son algúns dos produtos que están á venda en Erica Mel cos seus prezos:

CONCEPTO

PREZO

Cera 1 kg (alza e 1/2 alza)

10,00 €

Cadros de alza sen cera

1,30 €

Cadros de alza con cera

2,00 €

Cadros de plástico de alza (encerados)

2,00 €

Cadros de plástico de 1/2 alza (encerados)

1,50 €

Colmea de madeira con cera

40,00 €

Colmea sintética con cadros de madeira sen cera

46,00 €

Colmea sintética con cadros de plástico

53,00 €

Alza sintética sen cadros

15,00 €

Alza sen cadros

14,50 €

½ Alzas con cera

18,00 €

½ Alzas sen cera

14,50 €

Alza desmontada

12,00 €

½ Alza desmontada

8,50 €

Entretapa

5,00 €

Alimentador - entretapa sintética

5,20 €

Tellado

10,50 €

Tellado de plástico con ventilación e apertura para alimentación

12,00 €

Fondos de rede plástico

9,00 €

Fondos de rede madeira

13,00 €

Cazapole de plástico

9,00 €

Cazapole de plástico para fondo (2 cestas)

7,00 €

Láminas extracción própole

4,00 €

Excluidor de raíñas

3,00 €

Conectores para colmeas sintéticas

0,60 €

 

Máis información:

Erica Mel - Tel. 981 508 142 / Email: cooperativa@ericamel.es


Voltar