+ 34 981 508 142

Compra-venda de enxamios, programa Recambio e demanda de pole

Compra e venda de enxamios

Debido o elevado número de enxamios que están saíndo estes días, solicitamos ós socios e socias que comuniquen a AGA tanto se queren mercar como vender, para a organizar e poñer en contacto ás persoas ofertantes e demandantes. 

Programa Recambio

Dentro do programa RECAMBIO que ten AGA para o 2013, xa hai xente que se está apuntando tanto para ceder a súa explotación a un nov@ abelleir@, como para facerse cargo daquelas explotacións que polo motivo que sexa xa non as poden atender.

As persoas interesadas neste programa RECAMBIO que contacten con AGA coa maior brevidade xa que é agora o momento de activalo.

Demanda de pole

Temos demanda de pole para distribuir entre os clientes da cooperativa Erica Mel. Os socios e socias que teñan produción ou que estén interesadas en comezar  a producir que se poñan en contacto coa cooperativa.

 

Solicitamos ós socios e socias interesados nestas propostas que se poñan en contacto con AGA: 

Tel. 981 508 142  / Email: aga@queixoemel.org


Voltar