+ 34 981 508 142

Concentración abelleira: Esiximos medios para controlar a Vespa Velutina


COMUNICADO DAS DELEGACIÓNS DE AGA EUME, FERROLTERRA E ORTIGUEIRA

¡Basta xa! A Vespa velutina non é un problema dos abelleiros, é un grave problema medioambiental xurdido pola falta de control nas fronteiras e mal proceder das distintas administracións.    

CONCENTRACIÓN ABELLEIRA

Mércores 8 de outubro ás 10:30 h.
Edificio Administrativo Xunta de Ferrol (Praza de España)

Cartaz concentración Vespa Velutina  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Estimados abelleiros/as:

Aínda que anteriormente se comprometeran, agora a Xunta négase a recibirnos para tratar de buscar solución ó grave problema que xenera a velutina na costa norte. Agora non queda outro remedio que comezar unha serie de accións que os fagan entrar en razón.

Despois das visitas e das reunións mantidas en Cedeira, Ortigueira e Viveiro:

·         Onde comprobamos a pé de campo como os abelleiros e de xeito impotente comproban como día a día a depredación dos numerosos niños da velutina merman e destrúen as súas colmeas.

·         Cando os medios postos pola administración a través da empresa Tragsa son totalmente insuficientes, e con actuacións fora de todo protocolo e totalmente erróneas.

·         Cando esta insoportable situación obriga a os abelleiros a destruír niños sen os medios de seguridade necesarios arriscando moito mais do que deberan.

As delegacións de AGA de Ortigueira, As Pontes e Ferrolterra reunidas o pasado día 23 de setembro, como primeira medida de presión, decidiron facer unha concentración abelleira diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Ferrol (Plaza de España).

CONCENTRACIÓN ABELLEIRA

Mércores 8 de outubro ás 10:30 h.
Edificio Administrativo Xunta de Ferrol (Praza de España)

Durante esta concentración entregaremos un escrito esixindo medios materiais e humanos para paliar este problema e un programa de control da praga similar ao establecido en outras comunidades autónomas.

Compañeiro participa en dita concentración e trae a túa roupa de abelleiro (buzo e casaca), é non esquezas o afumador por que chamaremos aos medios de comunicación e teñen que comprobar que estamos que botamos fume.

Convocan: Delegacións de AGA de Ortigueira, As Pontes e Ferrolterra.

NOTA.-Esta concentración está autorizada pola Subdelegación do Goberno en Galicia.

 


Voltar