+ 34 981 508 142

Concentración contra a "eucaliptización" de Galicia o 22 de abril en Compostela

O colectivo Cousa de Raíces e a Asemblea contra a Eucaliptización de Compostela, que reúnen a máis de 30 colectivos diferentes, realizarán este 22 de abril as 12.00h unha acción protesta coincidindo co Día da Terra. O seu obxectivo é encher simbólicamente a Praza do Obradoiro de Santiago con eucaliptos para denunciar o impacto que esta especie invasora ten en Galicia.

Nesta concentración realizarase unha performance que consistirá na simulación da plantación con eucaliptos da principal praza compostelá. "Esta plantación simbólica da Praza do Obradoiro tentará promover a reflexión sobre o desleixo que os nosos montes e agras están a sufrir fronte as plantacións masivas de eucaliptos, moitas delas ilegais, sen que a Administración faga nada por frealas", apuntan os impulsores nun comunicado.


Voltar