+ 34 981 508 142

Conclusións das Xornadas Stop Velutina de Xixón

Estas son as conclusións das xornadas Stop Vespa velutina celebradas entre o 23 e o 26 de marzo en Xixón e nas que participou AGA.

1º) A necesidade de que todas as administracións da Cornisa Cantábrica traballen de forma unánime e coordinada para atajar este problema.

2º) Esixir ás administracións central, autonómicas e europea un orzamento suficiente e adecuado ás necesidades que o problema supón.

3ª) A importancia de manter informada a toda a sociedade para que poidan implicarse e participen tanto na localización de niños como no trampeo de raíñas fundadoras na primavera, para combater esta especie invasora.

4º) Creación dunha mesa sectorial na que estean representados todos os sectores sociais implicados (municipios, protección civil, bombeiros, apicultores, fruticultores, sector forestal, ecoloxistas...).

5º) Desenvolver un sistema de xeolocalización de niños para toda a Cornisa Cantábrica, ou ampliar o que xa existe no País Vasco.

6º) Esixir máis investigación e máis coordinada para atopar unha feromona ou atraente para ser máis eficaces no combate contra esta praga.

7º) Destacar a importancia do trampeo de raíñas fundadoras na primavera e outono. Na retirada de niños, priorizar a localización e retirada de niños primarios, por ser os máis fáciles de localizar.

8º) Advertir, que nun primeiro momento, os sectores máis afectados son a apicultura e fruticultura, aos poucos todos os sectores sociais sufrirán o impacto desta especie invasora, por falta de polinizadores, escaseza de alimento para especies autóctonas pola competencia, perda de biodiversidade e alimentos, seguridade cidadá etc.

Como conclusión final: A invasión da Vespa velutina é un problema da sociedade no seu conxunto e o seu posible control virá propiciado se somos capaces de traballar e implicarnos todos dun xeito coordinado e global.

A CODACC elaborou un folleto informativo sobre a Vespa velutina que se repartiu entre as asociacións que forman parte da confedereación. Pódese descargar neste enlace: Folleto informativo sobre a Vespa velutina da CODACC


Voltar