+ 34 981 508 142

Concurso de Produtos Apícolas "A Pinga"

4 de maio de 2016

O concurso de produtos A Pinga é un concurso de productos apícolas organizado por AGA Asociación Galega de Apicultura.

1. OBXECTIVOS

· Fomentar a innovación e a cultura apícola, amosando os usos e beneficios que proporcionan os variados produtos apícolas.

· Estimular o interese pola innovación apícola, a diversificación e calidade da imaxe dos produtos.

· Dar a coñecer á comunidade apícola os valores da innovación

 

2. TEMA

O concurso plantéxase como un exercicio de imaxinación e creatividade sobre os usos dos moitos e variados produtos apícolas, valorando os produtos orixinais e diferentes. A apicultura ofrece unha amplia gama de produtos: mel, cera, pole, xelea real, própole e apitoxina, ademais doutros derivados que tamén xiran sobre a temática das abellas e a apicultura, como son a artesanía, o apiturismo ou a apiterapia.

En Galicia temos produtos apícolas de moita calidade pero a maior parte da oferta básase no produto máis tradicional: o mel multifloral. Existe un gran potencial en toda a variedade de produtos que nos ofrece a colmea, que apicultores e apicultoras poden aproveitar ofrecéndoos ó público, que se pode beneficiar das magníficas propiedades terapéuticas e culinarias.

3. PLAZO PRESENTACIÓN

O prazo de presentación dos produtos remata o 31 de maio.

4. PARTICIPACIÓN

A participación está aberta a socios e socias de AGA.  As persoas interesadas deben poñerse en contacto con AGA no tel. 981 589 534 ou por email info@apiculturagalega.es para recibir a ficha de inscrición.

5. PRESENTACIÓN DE PRODUTOS

Para presentar os produtos é necesario contactar con AGA, cubrir unha ficha de inscrición xunto coa descrición do produto, a ser posible acompañada dunha imaxe, e entregar unha mostra física do produto na Mostra Galega de Apicultura o día 4 de xuño en Arzúa, día no que se expoñerán os produtos e os participantes do concurso farán unha presentación dos mesmos.

6. XURADO

O xurado será nomeado pola Asociación Galega de Apicultura, organizadora do concurso, que valorará os produtos presentados e emitirá o seu fallo o mesmo día do concurso. Haberá un produto gañador, que será nomeado "Produto A Pinga" e se lle dará publicidade.

7. PREMIO

O premio para o produto "A Pinga" será unha colmea sintética Anel, que será entregada o mesmo día 4 de xuño en Arzúa.

8. ACEPTACIÓN DAS BASES

O feito de participar neste concurso supón a plena aceptación das bases da convocatoria e a  conformidade total coas decisións que tomen tanto o xurado como a organización.


Voltar