+ 34 981 508 142

Concursos de ideas e trampas para combatir a Vespa Velutina

O 21 de marzo celébrase en Culleredo o Día da Abella, que terá como protagonista este ano á Vespa Velutina. Será un encontro aberto e participativo, no que o público asistente poderá aportar ideas sobre como combatir á Velutina a través dos concursos de ideas e presentación de novos modelos trampas.  

Aprenderemos sobre a vida e comportamento da avespa asiática e ademais coas ideas que aportemos entre todos, contribuiremos a frenar esta especie invasora e protexer ó medio ambiente e ás abellas. 

A xornada forma parte da campaña Stop Vespa Velutina de AGA e está organizada conxuntamente pola Delegación de AGA Coruña e o Concello de Culleredo.

 
CONCURSOS:
 
DE IDEAS. A mellor maneira de combatir a velutina. Premio á mellor idea.
 
DE TRAMPAS. Presentación de modelos de trampas. Premio á mellor trampa
 
DE CAPTURA DE RAIÑAS. Premio ao que máis raiñas velutinas presente durante a xornada
 

Os concursantes, poderán expoñer a súa idea e a continuación un xurado, coa axuda do público asistente, decidirán cales son os premiados, que recibirán un lote de produtos novidosos para a apicultura.

As persoas interesadas en participar poderán anotarse alí ese mesmo día e poden concorrer individualmente e en grupo. Mais información en info@apiculturagalega.es ou no tel. 981 589 534.

 

PROGRAMA DÍA DA ABELLA

21 de marzo, Xardín Botánico de Culleredo

Ás 11 horas: Audiovisual sobre a velutina e mesa redonda con afectados

Ás 12, 30 horas: CONCURSOS

DE IDEAS. A mellor maneira de combatir a velutina. Premio á mellor idea

DE TRAMPAS. Presentación de modelos de trampas. Premio á mellor trampa

DE CAPTURA DE RAIÑAS. Premio ao que máis raiñas velutinas presente durante a xornada

Ás 13,30 horas: Acto de entrega de premios

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

STOP VESPA VELUTINA

campaña informativa e de sensibilización "Stop Vespa Velutina" ten como obxectivos informar e sensibilizar á poboación sobre a ameaza ambiental que supón a presenza da Velutina en Galicia e ofrecer solucións para controlar os seus efectos no medio ambiente e nas abellas.  

O plan Stop Velutina de AGA céntrase en reducir a formación de novos niños, co  trampeo de raíñas na primavera, e a eliminación de niños xa existentes. Para o trampeo, estanse probando atraentes que dan bos resultados, aínda que hai que continuar perfeccionando as técnicas. De igual xeito, para a eliminación de niños estamos implementando estratexias para facer esta labor da maneira máis eficiente, pero atopámonos con moitas dificultades para acceder ós niños e non coñecemos todavía ben o comportamento e ciclo biolóxico deste insecto.  Por isto, pensamos que a asistencia a charlas informativas, os debates con persoas afectadas e expertos na materia e a participación en actividades como o concurso de ideas convocado en Culleredo, poden ser de moita utilidade.


Voltar