+ 34 981 508 142

Conferencia "Avespas asiáticas, chegaron para quedar?"

Data: 17 de decembro, ás 19 horas
Lugar: Domus. R/ Ángel Rebollo 91. A Coruña

A Domus acolle o próximo xoves, 17 de decembro, a conferencia "Avespas asiáticas ¿Chegaron para quedarse?". Durante a charla estará exposto un niño de avespa para que os asistentes poidan coñecer de preto tanto a aparencia exterior como a organización interna.

A charla correrá a cargo de Jesse Barandika, doutor en Veterinaria e técnico investigador no Instituto Vasco de Desarrollo e Investigación Agraria, que falará sobre esta avispa de gran tamaño que se converteu nunha especie invasora, desprazando a outras avispas autóctonas e alterando a actividade humana no medio rural.

Desde a súa identificación en Francia no 2004, a  expansión da avispa asiática (Vespa velutina) foi vertixinosa, chegando en 2009-2010 á Península Ibérica (País Vasco e Navarra). Posteriormente observáronse novos focos de entrada tanto no norte de España como en Portugal, colonizando en poucos anos case toda a parte norte e noroeste da península.

Unha parte da alimentación das colonias destes avispones baséase nas abellas domésticas e noutros insectos, e aínda que non se coñece o impacto que poida estar a ter sobre a entomofauna silvestre, si que se converteu nunha gran ameaza para a apicultura.

Aínda que durante estes últimos meses rexistráronse numerosas colmeas de avispas asiáticas na nosa contorna, aínda son moitas as persoas que nunca observaron un. Por esa razón preparouse unha colmea, que estará exposta durante a charla, para que os asistentes poidan coñecer de preto tanto a aparencia exterior como a organización interna.

Barandika participa desde o 2011 nos proxectos que se están desenvolvendo desde o Instituto Vasco de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico para buscar posibles métodos de control contra a invasión da avispa asiática.

Entrada libre ata completar espazo


Voltar