+ 34 981 508 142

Conmoción e consternación ante a autorización da UE dun novo insecticida que mata abellas

Nota de prensa de Bee Life do 13 agosto de 2015

¿Cando os políticos aprenderán das decisións pasadas?

O día 27 de xullo de 2015, a Comisión Europea e os Estados membros da UE autorizaron un novo neonicotinoide, SULFOXAFLOR un principio activo insecticida fabricado por Dow AgroSciences. A decisión política de permitir que a sustancia entre no mercado foi tomada a pesar das advertencias emitidas pola Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) sobre os riscos para as abellas, pero tamén para pequenos mamíferos.

 

Entre as súas conclusións, o informe da EFSA explica que "coas avaliacións que demostran un alto risco para as abellas, non foi eliminado para o seu uso no campo".

A decisión é aínda máis absurda cando considera que SULFOXAFLOR actúa sobre as abellas dunha forma semellante ós insecticidas da familia dos neonicotinoides, que actualmente están parcialmente prohibidas en Europa. En Estados Unidos, onde os pesticidas a base de sulfoxaflor son comercializados dende 2013, o sector da apicultura ten presionado a Axencia de Protección Ambiental (EPA) para retiralo do mercado.

Ademais, a EFSA tamén listou a información necesaria para levar a cabo un expediente completo de avaliación de riscos. Isto inclúe, entre outros, datos sobre a descendencia das abellas, abellas silvestres e impacto na mortalidade das colonias nos usos de campo. Cabe resaltar que ameazas e ausencia de datos similares  foi o que promoveu a suspensión doutros tres neonicotinoides insecticidas en 2013.

A decisión da Comisión Europea e os Estados membros non cumpre cos criterios aprobados no Regulamento 1107/2009 na sección 3.8.3 do anexo II.

É chocante ver que, a pesar de todos os estudios de campo,  os avances científicos e lexislativos na protección de polinizadores (1 e 2), os responsables políticos tomen este tipo de decisións hoxe en día e non garanten a seguridade dos polinizadores  e o medio ambiente.

Francesco Panella, presidente de Bee Life dixo: "É frustrante, políticos responsables para garantir a seguridade dos nosos abellas e medio ambiente teñen todas as ferramentas nas súas mans para aplicar boas medidas. Pola contra, eles seguen lanzando produtos de risco para os campos. É o momento das autoridades europeas para deter a inundación do noso ambiente con moléculas de xeito altamente tóxico. Son velenos que contribúen de forma decisiva ao descenso dos polinizadores e da biodiversidade. Estas decisións non só representan un risco para a cadea da vida, senon tamén para unha economía sostible ".

(1) Reglamento (EC) n° 1107/2009

(2) Reglamento (EC) n° 283/2013 e Reglamento (EC) n° 284/2013

Máis información en www.bee-life.eu


Voltar