+ 34 981 508 142

Continúa a campaña "Stop Velutina"

Está a punto de rematar a primeira fase da loita deste ano contra a Vespa Velutina.  Foron colocadas perto de 1.500 trampas nas que calculamos que se capturarían unhas 7.500 raiñas de Velutina. Polo tanto, evitamos outros tantos niños, a 2.000 individuos por niño, estamos falando duns 15 millóns de Velutinas que teremos evitado. Con estes resultados pódese considerar unha boa labor preventiva.

AGA fixo unha intensa campaña con charlas nunha ducia de lugares onde houbo Velutina o ano pasado, ás que asistiron unhas 400 persoas. Tamén se fixo un seguimento de capturas de raíñas en trampas e houbo abelleiros que capturan máis de 200.

2ª fase Stop Velutina

Agora vai comenzar a segunda fase deste ano, que consistirá  en:

1. Facer un seguimento de como evoluciona a Velutina por medio do 112 e contactos cos apicultores.

2. Presionar a Xunta para que atendan debidamente o servizo de eliminación de niños por medio do 012.

Sesións e formación sobre a Velutina

O día 6 de xuño en Arzúa teremos unha sesión especial sobre a Vespa Velutina, sobre as 18.15 h., na que trataremos de afinar un pouco máis estas cifras e ofrecer unha visión da situación con Gonzalo Calvo, veterinario de AGA e José Fernández, encargado de AGA no 112 . Contaremos con Lodovic Defaraudy da firma Santamix Ibérica que nos falará da Velutina e nos presentará as súas trampas e atraintes. Tamén participará Xesús Feás, investigador da Universidade de Santiago, que nos amosará un estudio sobre olores que atraen a V. Velutina e o seu potencial uso en trampas.

As DAGAS  máis afectadas, Casa do mel e outros apicultores xa se están organizando para a recollida de niños de velutina que se preve que vai haber a partires do verán.

A Casa do Mel organiza o sábado 30 de maio unha xornada técnica de "Trepa para retirada de avispeiros de Velutina".

DAGA Ortegal tamén está preparando unha xornada para programar  a loita nesa zona e en toda a Mariña. Tamén presentarán a súa pertega para a colleita de niños mediante un convenio co Concello de Ortigueira que só falta firmar.

DAGA Ferrol ten 5 charlas as vindeiras semanas:

25 maio.- AVV. Naveira de Doso (Narón) as 17:30 horas. Lugar A Costa s/n.
27 maio.- AVV Ceibe de San Xiao (Narón) as 19:30 h. Lg. Igrexia,16.
29 maio.- AVV Os Cruceiros de Castro (Narón) as 19:00 h.
1 xuño.- AVV da Gandara (Narón) as 19:00 h. Rúa Catro Camiños s/n.
5 xuño.- Agrupación Veciñal de San Mateo (Narón) as 18:30 h. 

 

 

 


Voltar