+ 34 981 508 142

Continuar coa prohibición de pesticidas en Europa

Aínda hai autorizados máis de 300 produtos perigosos para as abellas. Grazas ás miles de firmas en toda Europa a favor das abellas e a presión de organizacións ecoloxistas e asociacións do sector apícola como AGA, xa son catro os insecticidas tóxicos prohibidos. Pero son prohibicións temporais e parciais e en España aínda están autorizados 319 produtos perigosos para as abellas. 

Salvemos a las abejas

Greenpeace continúa coa recollida de firmas para salvar ás abellas. Dende AGA animámoste a que asines esta petición e esixirlle ó Goberno español que:

1. Estableza un calendario para a prohibición dos praguicidas máis daniños, imidacloprid, clotianidina, iametoxam, fipronil, clorpirifos, deltametrin e cipermetrin).

2. Desenvolva un plan de acción integral para protexer as abellas e demais polinizadores e estableza unha folla de ruta para incrementar a 7,6 millóns de hectáreas a superficie dedicada á agricultura ecolóxica en 2020.

Das accións de hoxe dependen as xeracións futuras de humanos e demais especies. 

Asina para pedir ás autoridades españolas que protexan as abellas!

"Salvemos ás abellas" é unha campaña na que Greenpeace está traballando para protexer ás abellas fronte a desparición que están sufrindo, debido principalmente á agricultura industrial e o uso de praguicidas neurotóxicos. Mais información en:
http://www.greenpeace.org/espana/es/Trabajamos-en/Transgenicos/Abejas/


Voltar