+ 34 981 508 142

Cría de raíñas na Mostra Galega de Apicultura

O día 1 de xuño en Arzúa, tivemos a oportunidade de ver en directo a cría de raíñas e a produción de xelea real da man de Yveline e Gilles Pradier, que nos ofreceron os seus coñecementos e experiencia. 

 

 

 

 

 

 

 

 

Esta actividade caousou moita expectación entre os socios e socias de AGA, que acudiron curiosos para aprender esta actividade pouco desenvolta en Galicia todavía.  Para o matrimonio francés, ésta debe ser unha práctica a difundir na apicultura galega para a súa mellora productiva e como apoio na selección de abellas. 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ademais, os interesados puideron xa mercar o tratamentos para a varroa e realizar os trámites necesarios co veterinario. A asemblea de Erica Mel, que tódolos anos se fai coincidir con esta celebración, marcou como obxectivo para este ano potenciar a colleita de pole, xa que é un produto que está tendo boa demanda en Erica e que vai a mais cada ano.

 

 

 

 

 

 

 

 

Na sala da Biblioteca Apícola de AGA, no Centro do Queixo e do Mel, expuxéronse os traballos realizados polo grupo de Api-Emprendedor@s de AGA, que leva uns meses traballando na innovación e renovación apícola de AGA.  Artesanía, cosmética e colmeas decoradas polos artistas que se animaron a comezar con este proxecto de arte nas colmeas. Esa mesma tarde o grupo API-E xuntouse co matrimonio Pradier e con outras persoas socias de AGA para seguir desenvolvendo o seu traballo e ideando novos proxectos. Foi unha reunión moi animada e participativa.

 

 

 

 

 

 

 

 

Acompañounos o grupo de música popular de Castro Curbín de Arzúa e tivemos un xantar "case" campestre, aínda que pola climatoloxía variable deses días tivemos que crear un espazo mais resgardado. Aínda así algúns puideron xantar na carballeira de Santa María pois o tempo finalmente foi moi agradable.

Os queixos de Arzúa tiveron como sempre o seu protagonismo e houbo quen levou tamén algunha das moitas variedades de meles que se elaboran en Erica Mel.

Pero a celebración mais especial foi a esperada prohibición pola UE dos pesticidas neonicotinoides.. Ainda que se trata dunha prohibición parcial e temporal , era moi importante  facer visible e compartir esta victoria colectiva de AGA, de tódalas persoas que defenden o medio ambiente e por suposto das abellas.

 

 


Voltar