+ 34 981 508 142

Curso: Emprendemento, innovación e diversificación no sector apícola

Universidade de Verán 2014

Organiza: USC Universidade de Santiago de Compostela e AGA Asociación Galega de Apicultura

Datas: 4 a 6 de xuño

Horario: De 10 h. a 18 h.

Lugar: Centro de Divulgación do Queixo e Mel. Feria Nova s/n Santa María 15819 Arzúa, A Coruña.

Dirección: Xesús Feás e Xesús Asorey

Secretaría: Paula Souto e Gonzalo Calvo

Nº horas lectivas: 24

Límite de alumnos: Non

Obxectivos:

Capacitar e promover o aproveitamento de novos produtos da colmea que están a ser demandados amplamente no mercado nacional e internacional. Dirixido a apicultores basicamente, aínda que tamén a comercializadoras de produtos agrícolas, industria alimentaria e cosmética, ou calquera persoa interesada en iniciarse no mundo da apicultura como unha proposta de actividade económica, sustentábel e de negocio. É un workshop, un taller de traballo intensivo, a desenvolver en grupos interdisciplinarios.

 

PROGRAMA

4 de xuño

10:00 Inauguración do curso

10:30 Apicultura en Galicia
Xesús Asorey, Biólogo, Asociación Galega de Apicultura.

12:00 Elaboración de produtos apiterapéuticos
Victoria Barreiro, Apicosmetic SL

16:00 Producción de hidromel
Leticia Estevinho, Instituto Politécnico de Bragança, Portugal.

17:00 Asociación Galega de Apicultura: ao servizo da familia apícola
Paula Souto, Asociación Galega de Apicultura

5 de xuño

10:00 A ciencia ante os retos da apicultura: un compromiso co futuro da humanidade.
Xesús Feás, Universidade de Santiago de Compostela

12:00 Plataformas de comercio on-line: apicultura e comercio na rede.
Elio Laureano, Brox Technology

16:00 Novas tendencias, presentacións e usos de produtos apícolas
Julia Gómez, Veterinaria.

17:00 Apicultura: unha profesión no ámbito veterinario
Gonzalo Calvo, Veterinario da Asociación Galega de Apicultura.

6 de xuño

10:00 Produción de pole e própole
Antonio Gómez Pajuelo, Consultor Apícola.

12:00 Produción de cervexa artesá con mel
Darío Conde, Dama Alaricana.

16:00 Formación grupos de traballo, posta en común e relatorio de conclusións.

18:00 Clausura do curso

 

DIPLOMA DE ASISTENCIA E CRÉDITOS

Os/as asistentes a cursos de verán terán dereito a un diploma no que constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia.

Os/as estudantes da USC recibirán, se marcan a casiña correspondente ao formalizar a matrícula, créditos de libre elección ou optativos.

É requisito para obter a cualificación de "apto" e así recibir tanto o diploma como os créditos, a asistencia regular, cando menos, ao 80% das horas lectivas. Cada director/a de curso establecerá o control da dita asistencia que quedará reflectida nunha acta. Os/as asistentes que obteñan a cualificación de "apto" recibirán o diploma e, se é o caso, o certificado de crédito no último día de celebración do curso.

A USC recoñece créditos para os cursos da Universidade de Verán 2014. Ver información

 

IMPORTE DA MATRÍCULA

Taxa xeral: 70 €

Taxa reducida: 40 € (aplicable a estudantes de calquera universidade ou en estudos de formación profesional ou bacharelato, pensionistas, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC)

Todas as persoas, nacionais ou estranxeiras, que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio do INSS, por non teren formalizado matrícula en estudos oficiais na USC no curso académico 2013-14 ou ben, sendo alumnos/as da USC neste curso 2013-14, son de nacionalidade estranxeira ou nacionais maiores de 28 anos e non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula, deben subscribir, a parte do importe da matrícula do curso de verán, o seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe que ten un custo de 15 €. A liquidación do importe do seguro farase no momento de realizar a matrícula, liquidándose xunto a esta e terá validez para todos os cursos de verán que se realicen no ano 2014.

En ningún caso será posible a devolución de taxas unha vez realizada a matrícula, agás pola suspensión do curso.

 

PRAZO DE MATRÍCULA

Do 7 de maio (por internet) e do 14 de maio (presencial) ata o 23 de maio.

O pagamento da matrícula debe realizarse dentro dos CINCO DÍAS NATURAIS de facer a inscrición. En caso contrario, a inscrición quedará anulada.

NON SERÁ POSIBLE MATRICULARSE FÓRA DESTES PRAZOS.

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

A matrícula poderá formalizarse de tres maneiras: por internet, presencial ou por correo ordinario

1.- Por internet

A persoa interesada terá que dirixirse neste enlace á web da USC e seguir as instrucións.

Terá cinco días naturais para realizar o pagamento, en caso contrario a inscrición quedará anulada.

En todo caso, deberase remitir copia do resgardo do pagamento selado pola entidade bancaria ao fax nº 881 811208, escaneado ao enderezo electrónicocursosdeveran@usc.es ou presentalo persoalmente en calquera dos dous centros de matriculación da Universidade de Verán (Santiago ou Lugo).

2.- Presencial

A persoa interesada dirixirase a un dos dous centros de matriculación de Cursos de Verán. Logo de comprobar se hai prazas no curso ou cursos nos que se quere matricular e de formalizar os seus datos persoais, daráselle unha folla de liquidación con dous impresos (unha para o interesado e outra para a entidade bancaria) para realizar o pagamento da taxa en calquera oficina das entidades bancarias colaboradoras (Novagalicia Banco, La Caixa, Caixa Rural Galega e Banco Santander).

Terá cinco días naturais para realizar o pagamento, en caso contrario a inscrición quedará anulada. En calquera dos casos (sexa un curso con límite de prazas ou non), deberase remitir copia do resgardo do pagamento selado pola entidade bancaria ao fax nº 881 811208, escaneado ao enderezo electrónico cursosdeveran@usc.es ou presentalo persoalmente en calquera dos dous centros de matriculación da Universidade de Verán (Santiago ou Lugo).

Documentación que hai que presentar

- Membros da comunidade universitaria da USC (estudantes, PDI ou PAS): nº de DNI

- Estudantes doutras universidades ou de centros de FP e Bacharelato: orixinal ou fotocopia da folla de liquidación de taxas de matrícula no curso 2013-14 ou da de exención de taxas, da credencial de bolseiro de investigación ou do certificado do departamento de estar a realizar un mínimo de 20 horas semanais de traballo de investigación

- Persoas desempregadas e pensionistas: orixinal ou fotocopia do cartón de desemprego ou pensionista

3.- Por correo ordinario

No caso de imposibilidade de formalizar a matrícula en persoa ou por internet, poderase facer por correo. Para isto, é preciso poñerse en contacto telefónico cunha das dúas secretarías de Universidade de Verán, onde se lle informará do procedemento a seguir.

 

CENTROS DE MATRICULACIÓN E INFORMACIÓN

Campus de Compostela:
Secretaría da Universidade de Verán

Área de Cultura
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro s/n
Teléfono 881 811 018 e 881 811 103
Fax nº 881 811 208

Campus de Lugo:
Secretaría da Universidade de Verán
Área de Cultura do Campus de Lugo
Pazo de Montenegro, Praciña da Universidade
Teléfono 982 821513
Fax nº 982 821506

Email: cursosdeveran@usc.es

 

 


Voltar