+ 34 981 508 142

Curso Iniciación á Apicultura

Patrocina Deputación Provincial de Lugo. INLUDES

Colabora e imparte: Asociación Galega de Apicultura AGA

Días 25 e 26 de outubro de 2012

Horario de 5 a 8 da tarde

Lugar: Finca Gayoso de Castro, Castro Ribeira de Lea. Lugo

Matricula gratuíta, chamando ao tel: 981 508 142. 982 227812 ou por

 e-mail: agapicultura@gmail.com.

Data límite para matricularse, 22 de outubro de 2012 

Programa.

 1ª DIA. 25 de outubro

 Suso Asorey. Ténico de AGA

-Importancia das abellas.

-Ciclo biolóxico das abellas

-A comida das abellas: O néctar o pole

-A casa das abellas: A colmea, partes da colmea, o panal

-Os abelleiros, equipo e utensilios, manexo do afumador

-Instalación do apiario: factores a ter en conta

-Colocación de alzas para a colleita de mel

-Calendario de traballos do apicultor ao longo do ano

 

Gonzalo Calvo. Veterinario de AGA

SAÚDE DAS ABELLAS

-Sanidade apícola: Principias parásitos que afectan as abellas

-Prevención de doenzas.

-Enfermidades da cría. Enfermidades dos adultos

-Control de enfermidades. Desinfección

 

 2ª DIA. 26 de outubro

Marcos Varela. Técnico de AGA

REPRODUCIÓN DO APIARIO

-Desenvolvemento do enxame ao longo do ano

- Nocións de selección.

-Multiplicación do apiario: recollida de enxames, formación de núcleos

 

Marcos Varela. Técnico de AGA

ELABORACIÓN  E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS APICOLAS

-A esmelga, local de extracción do mel, equipamento do local

-Extracción. Decantación. Envasado e etiquetado do mel

-Produtos das abellas. Os distintos produtos das abellas: calidades e cualidades

-A cera. Reciclado.A súa Influencia na saúde das abellas e na calidade do mel

-Usos e comercialización do mel. Distintos modelos.

 


Voltar