+ 34 981 508 142

Curso de Sanidade Apícola en Viana

Curso teórico-práctico sobre sanidade apícola que impartirá o veterinario de AGA Gonzalo Calvo.

Lugar: Rúa Ferradal, 16 Viana do Bolo (Ourense)

Data e horarios: 28 de marzo, de 11 a 14 h. e de 16 a 19 h.

Programa:

1. Sanidade apícola: 
A saúde das abellas e o medio ambiente
Sanidade apícola: Principais patoloxias que afectan as abellas
Prevención de doenzas.
Enfermidades da cría. Enfermidades dos adultos.
Vespa Velutina, vixilancia e control
Control de enfermidades. Desinfección

2. Prácticas:
Visita a un apiario e identificación e control de doenzas, demostración de uso de tratamentos. Outras prácticas no apiario

Prezo: 30 € / De balde para socios e socias de AGA.

Inscricións:

Oficina de Fomento Cooperativo: 
Tel. 988.329.260 / Email cooperativismo.macizoc_trevinca@yahoo.es

Indicar nome, apelidos, teléfono, email, se é socio/a de AGA e adxuntar o xustificante de pago. O pago deberá facerse  por medio de transferencia á conta de AGA en ABANCA  ES02 2080 0348 38 3000018210 indicando no concepto o nome da persoa que fará o curso e "Curso Viana do Bolo". 

Organiza: AGA e Oficina de Fomento Cooperativo de Viana do Bolo


Voltar