+ 34 981 508 142

Curso de apicultura organizado por APEGA

ABC da Apicultura + Natural e Ecolóxica. A saúde das abellas nas túas mans

Organizado por APEGA e impartido por Xosé Manuel Durán Orús.

Neste curso verás as abellas con outros ollos e aprenderás a cultivalas dun xeito moito máis natural para que sexan elas mesmas as que se vallan por si mesmas.

Máis información: http://www.apega.es/gl/11-general/13-abc-da-apicultura-natural-e-ecoloxica

Programa:

O enxame e a súa contorna: un todo interrelacionado

Abellas e plantas; unha alianza moi fecunda.

Polinización e botánica apícola. Néctar e pole; os alimentos do enxame.

Anatomía e fisioloxía do enxame

O enxame como superorganismo. Sistemas e órganos do enxame. Forma e estructura. Zonas vital, activa e de choque. Termorregulación. Sistema inmunolóxico do enxame.

Anatomía e fisioloxía da abella

Órganos e glándulas; a linguaxe das feromonas. Ídade e función. A linguaxe da danza e os seus 3 bailes asociados.

Unha nova apicultura:  Apicultura+Natural

Máis observación e menos intervención. A Colmea + Natural; deixar ás abellas facer.

Manexo para a obtención de mel de calidade.

Manexo para a reproducción do colmear

Programa Sanitario Excepcional de APEGA para evitar tratamentos

Manexo ecolóxico da Colmea+Natural para evitar tratamentos ou como crear as condicións para que o enxame estea san.

O curso impartirase en dúas modalidades:

Opción A) Os segundos domingos de cada mes entre os meses de marzo a outubro de 2016

Opción B) Dous fins de semana: 7 e 8 de maio, 10 e 11 de setembro  de 2016

Nº de prazas limitadas: 16 persoas

Lugar:

O curso terá lugar en Abelaido, A Lama, Pontevedra. Neste entorno natural ao pé do río Verdugo é onde está situado o colmear de APEGA.  Gloria Domeq (ECOGLORIA) cédenos a súa casa de bioconstrucción para as clases e o xantar. Ela será a encargada de elaborar o menú saudable de cada día.

Prezo: 

250€/persoa

200€/persoa para os/as socios/as de APEGA e de AGA

Desconto de 20% se te inscribes antes do 1 de marzo.

Neste prezo está engadido o xantar da cada día do curso

O aloxamento no caso de escoller a opción B será por conta do/a alumno/a podendo ser en casas de turismo rural no concello de A Lama

Inscrición:

Enviar e-mail a: info@apega.es indicando no asunto NOME+ABC APICULTURANATURAL

O que o curso inclúe:

1.- Asistencia a todas as clases coa posiblidade de practicar e non ser só oínte.

2.- Asesoramento continuo durante o ano 2016 a través de e-mail ou do grupo de whatsapp do curso.

3.- Superado o curso, o/a alumno/a poderá solicitar a súa inclusión en APEGA e no seu programa experimental para a suspensión temporal do tratamento contra a varroa según decreto 339/2009


Voltar