+ 34 981 508 142

Curso de colleita de pole e própole

Obxectivos: 

O pole ten unha demanda cada vez maior, dende AGA queremos formar produtores para o aproveitamente deste novo recurso que nos proporcionan as abellas. O mesmo sucede co própole.

Programa:

O POLE

- Que é o pole para as abellas

- Principais plantas poliníferas

- Técnicas de colleita de pole

- Limpeza e secado

- Obtención de pole en fresco

- Comercialización

- Usos do pole

O PRÓPOLE

- Para que usan as abellas o própole

- Colleita do própole

- Usos e comercialización

Lugar: Fundación Otero Pedrayo - Trasalba, Amoeiro (Ourense)

Data: 15 de xuño

Horario: de 11 a 14 e de 16 a 19 h.
De 11 a 14 h. Sesión de campo: Traballo nas colmeas / Colocación de trampas
De 16 a 19 h. Preparación do pole e própole para o consumo / Comercialización.

Inscricións:

Só para socios/as de AGA

Enviar un email a aga@queixoemel.org ou chamar por teléfono ó 981 508 142 para confirmar a súa participación, facer o pago de 20 € no nº de conta de AGA indicando no concepo o nome da persoa e "Curso Pole e Própole" e traer o xustificante de pago ó curso para a súa comprobación.

Nº conta de Novagalicia Banco: ES02 2080 0348 38 3000018210

Data límite: 15 de maio

Importante: Levar o xustificante de pago ó curso


Voltar