+ 34 981 508 142

Cursos de formación da DAGA Ferrolterra

21 de xuño de 2016

CURSO INICIACIÓN "TÉCNICAS DE APICULTURA NATURAL SOSTIBLE"

Inicio sábado 25 de xuño, de 9:30 a 13:30 horas, no local social da A.VV Rosa dos Ventos de Sades (Narón).  Curso teórico-práctico de 60 horas de duración, que se realizará entre os meses de xuño e novembro para desenvolver todas as tarefas necesarias no colmear.

A parte teórica terá lugar no Local Social da A.VV. Rosa dos Ventos de Sedes (Narón), e as prácticas nos tres Colmeares Didácticos Municipais (Sedes/Naron, A Cortiña/San Sadurniño e Esmelle/Ferrol) cos que conta a Delegación Ferrolterra de AGA.

Prezo: De balde por estar patrocinado polo Concello de Narón.

Inscricións: dagaferrol@hotmail.com

Organiza: Concello de Narón e Asociación Galega de Apicultura (Delegación Ferrolterra)

CURSO de "REPRODUCCIÓN APÍCOLA BÁSICA"

Inicio domingo 26 de xuño, de 9:30 a 13:30 horas no Local da Mocidade de San Sadurniño (antigo concello). Curso teórico-práctico de 16 h. de duración. O resto das sesións formativas teorico/prácticas a determinar en función das condicións metereolóxicas.

Os obxectivos deste curso son conquerir os coñecementos básicos teorico-prácticos sobre a cría e selección das raiñas e así mellorar a xenética das nosas abellas e acadar un mínimo dominio nas técnicas básicas de reprodución do colmear.

A parte teórica terá lugar no local da Mocidade de San Sadurniño (antigo concello) e as prácticas nos tres Colmeares Didácticos Municipais xestionados pola delegación e outros particulares no ámbito do concello.

Aforo participantes: 20 como máximo.

Prezo: Gratuito para os socios de AGA, vecinos de San Sadurniño e Naron, e 50 € para os que no cumplan ditas condicións. Entregarase o resumo do curso en formato dixital.

Para inscripcións ou información: dagaferrol@hotmail.com.

Organizan: Concello de San Sadurniño e Asociación Galega de Apicultura (Delegación Ferrolterra).


Voltar