+ 34 981 508 142

Cursos de iniciación AGA 2015

Cursos teórico-prácticos destinados ás persoas que queren comezar na apicultura e ás que xa teñen xa experiencia pero queren renovar coñecementos. 

Realizaranse en 11 lugares diferentes de toda Galicia e terán unha duración de 3 días mais o día de campo en Covas (Taboada - Lugo) o día 5 de xullo. A inscrición no curso inclúe tamén a participación no III Foro Apícola os días 6 e 7 de xuño en Arzúa.

O prezo é de 50 €. Para os socios e socias son gratuitos.

O prazo para inscribirse remata unha semana antes do comezo de cada curso.

 

CALENDARIO

1. Vigo (Pontevedra): 10, 11 e 12 de abril, Casa dos Montes, Camiño da Igrexa, 184, Valadares.

2. Amoeiro (Ourense): 17, 18 e 19 de abril, Fundación Otero Pedrayo, Trasalba.

3. Culleredo (A Coruña): 24, 25 e 26 de abril, Xardín Botánico do Burgo, avda. Xoán Carlos I, s/n.

4. Mondoñedo (Lugo): 1, 2 e 3 de maio, Centro Comarcal A Mariña Central.

5. Rábade (Lugo): 8, 9 e 10 de maio, Casa das Insuas – Asociación Galega de Custodia do Territorio e Concello de Rábade, rúa José Pardo e Pardo Montenegro, 27.

6. Monforte (Lugo): 15, 16 e 17 de maio, Pazo de Tor, San Xoán de Tor.

7. Baiona (Pontevedra): 22, 23 e 24 de maio, Centro Sociocultural da Baíña, rúa da Igrexa, 2, A Baíña.

8. Lalín (Pontevedra): 29, 30 e 31 de maio, Auditorio de Lalín, Conservatorio, rúa do Parque, 10.

9. Carballo (A Coruña): 12, 13 e 14 de xuño, Fórum Carballo, rúa do Xílgaro, barrio da Milagrosa.

10. Verín (Ourense): 19, 20 e 21 de xuño, Centro de Desenvolvemento Cooperativo, Parque Empresarial de Pazos.

11. Tomiño (Pontevedra): 26, 27 e 28 de xuño, Casa da Cultura de Tomiño, avda. República Arxentina.

A participación nos cursos de iniciación inclúe:

Día de campo: 5 de xullo en Covas, Castelo, Taboada (Lugo).

III Foro Apícola: 6 e 7 de xuño,  Santa María, Arzúa (A Coruña).

 

PROGRAMA

Día 1: Bioloxía e comportamento das abellas. Evolución do enxame ao longo do ano. Asentamento do apiario: factores que hai que ter en conta. Materiais e utensilios. Reprodución do apiario. Calendario apícola. Horario: de 17 a 20 h.

Día 2: Sanidade apícola: podremia, varroa, Vespa velutina. Alimentación suplementaria das abellas. Produtos das abellas. Produción de mel, pole, própole, cera. Trazabilidade. Meles monoflorais. Produción ecolóxica. Denominación 'Mel de Galicia'. Mel crema e derivados. Comercialización e prezos:  por  xunto, envasado, cooperativismo, individual. Axudas do Plan Apícola anual. Produción primaria. Etiqueta «Das Miñas Colmeas». Guía de boas prácticas apícolas. Horario: de 11 a 14 h. e de 16 a 18 h.

Día 3: Prácticas. Visita a apiarios da comarca. (É preciso levar traxe apícola). Horario de 11 a 14 h.

Día 4: Día de campo. Visita a Covas, unha explotación apícola incluída nun proxecto de recuperación do rural. 5 de xullo en Castelo, Taboada (Lugo). É preciso levar traxe apícola e cadaquén o seu propio xantar. Horario de 11 a 18 h. Máis información desta xornada.

III Foro Apícola: palestras, obradoiros e feira de material apícola. Días 6 e 7 de xuño en Arzúa. Horario: día 6: de 11 a 14 h e de 16 a 18 h, e día 7: de 11 a 14 h. Publicaremos o programa completo máis adiante.

Imparten:  Suso Asorey, biólogo e secretario técnico de AGA / Gonzalo Calvo, veterinario de AGA / José Fernández, técnico de AGA.

 

PREZOS E AFORO

O prezo dos cursos é de 50 €. Para socios/as de AGA a inscrición é de balde. 

Aforo de participantes será de 20 persoas como mínimo. Se non se cubren as prazas mínimas, comunicarase a cancelación do curso cunha semana de antelación e farase a devolución dos cartos.

 

INSCRICIÓNS

Poñerse en contacto con AGA por mail aga@queixoemel.org ou por teléfono 981 508 142 para facilitar nome, apelidos, email e teléfono, o curso no que se quere inscribir e indicar se é socio/a de AGA.

No caso de ter que facer o pago, enviar o xustificante por email ou, se non é posible, indicar a data de pago e levar o xustificante ao lugar do curso. O pagamento será por transferencia no nº de conta de AGA en ABANCA nº ES02 2080 0348 38 3000018210, indicando no concepto o nome da persoa que fará o curso e o lugar do mesmo. Tamén se pode facer en efectivo na sede de AGA.

O prazo para inscribirse remata unha semana antes do comezo do curso.

 


Voltar