+ 34 981 508 142

DÍA DO APICULTOR - 17 DE FEBREIRO EN ARZÚA

Sábado 17 de febreiro de 2018, en Arzúa

O Día do Apicultor 2018 estará dedicado á Vespa velutina, a peor ameaza na actualidade para as abellas e a apicultura nunha boa parte do territorio galego. Aínda queda moito por descubrir sobre o tártago asiático e para acadar unha loita eficaz é indispensable que o coñezamos mellor.

Convidamos á UNAF, Unión Nacional de Apicultura Francesa, que nos explicarán como é a situación actual da invasión da Vespa velutina no país veciño e cales son as súas perspectivas de futuro. Tamén participarán representantes das Plataformas Stop Velutina-Galicia, Asturias e Cantabria, que nos contarán de que forma se está a presionar ás administracións e cales son os resultados obtidos ata o momento. 

No terreo práctico, co fin de ofrecer ferramentas ós apicultores e apicultoras para protexer os seus apiarios, haberá unha exposición de diferentes modelos de trampas eléctricas, na que poder comparar e decidir que tipo de trampa utilizar. Para asesorarnos neste tema estará presente a investigadora e socia de AGA Sandra Rojas, quen nos informará do estudo realizado a través da Universidade de Vigo. 

Por último, presentaremos a recentemente creada Escola Galega de Apicultura e o programa de formación de AGA para o 2018, así como informaremos sobre a próxima convocatoria do Plan Apícola. 

Como vén sendo habitual nesta xornada, teremos feira de material e servizo de información e trámites cos socios e socias. Este ano as charlas serán no local da Pulpeira de Santa María, detrás da nave de Erica Mel, onde faremos tamén o xantar abelleiro.

Este día terá lugar a Asemblea xeral de AGA, na que se realizará a elección á Xunta Directiva. As candidaturas, axuntando o programa de actividades e orzamento, serán admitidas no domicilio social de AGA ata dez (10) días antes da celebración da Asemblea xeral. 

 

Programa

Este ano as palestras serán no local da Pulpeira de Santa María, detrás da nave de Erica Mel

Ás 10 h. apertura da feira

Palestras - Sesión de mañán

- De 10 a 10.15 h. Presentación da xornada e plan de loita contra a Vespa velutina de AGA.

- De 10.15 a 11.15 h. Loita contra a Vespa velutina en Francia. Loïc Leray, vicepresidente da Unión Nacional de Apicultura Francesa UNAF

- De 11.30 a 12.00 h. Percorrido da Plataforma STOP Velutina -Galicia, traballo e expectativas. Laura García Sáez, asesora xurídica de AGA

- De 12.00 a 12.45 h. Plataformas Stop Velutina Asturias e Cantabria. Carlos Valcuende, Federación de Asociaciones de Apicultores de Cantabria (FAAC) e Santiago Menéndez, Federación de Asociaciones de Apicultores del Principado de Asturias (FAPI)

Ás 13 h. Asemblea Xeral de AGA

Xantar abelleiro na Pulpeira de Santa María. A pulpeira abrirá como un día de feira e ofrecerá o seu menú habitual: pulpo á feira, carne ó caldeiro... Non é necesario reservar previamente. Para máis información: Tel. 986 58 77 21

Palestras - Sesión de tarde

- Ás 16.30 h. Escola Galega de Apicultura e programa formación AGA 2018. Paula Souto, técnica de AGA.

- Ás 16.45 h. Plan Apícola 2018. Gonzalo Calvo, veterinario de AGA.

- Ás 17 h. A eficacia da trampa eléctrica contra a Vespa velutina. Sandra Rojas, investigadora da Universidade de Vigo

- Ás 17.30 h. Presentación diferentes modelos trampas e dispositivos alimentación. Por Fernando Cores, Vel-Zapper, Pastores Zagal, Victor Fernández e Ramiro Freire

Durante todo o día:

Feira de material apícola (na nave de Erica Mel). Coa participación de: Erica Mel, Macmel, Lyson, Apícola Carballal, Angel Romero, Anel, Hayedo - Laboratorios Calier, Rucamanqui - Santamix Ibérica, Celso Cadahía e Asiatic Wasp Ball.

Exposición de  trampas eléctricas contra a velutina (no Centro do Queixo e do Mel).

Espazo infantil (no Centro do Queixo e do Mel): Actividades para cativos e cativas

Ás 18 h. Peche instalacións

 

Convocatoria de Asemblea Xeral  de AGA

17 de febreiro de 2018 na Pulpeira de Santa María (Arzúa), ás 13 h. en primeira convocatoria e ás 13.30 h. en segunda convocatoria.

Orde do día:

- Lectura e aprobación da acta anterior, se procede
- Relatorio de actividades realizadas e economía do ano 2017
- Presentación de candidaturas e programa de actividades para o 2018
- Elección de nova Xunta Directiva
- Rogos e preguntas

Nota: As candidaturas que se queiran presentar a directiva de AGA deberán adxuntar programa de actividades e presuposto e serán admitidas no domicilio social de AGA (Costa de San Marcos,7 15890 Santiago de Compostela) ata o 7 de febreiro do 2018, conforme ao artigo 23 dos estatutos de AGA (pódense consultar na nosa web).


Voltar