+ 34 981 508 142

DÍA MUNDIAL DA ABELLA 20 DE MAIO

8 de maio de 2018

Este ano será a primeira celebración oficial do 20 de maio como o Día Mundial da Abella. As Nacións Unidas así o declararon na súa última Asemblea Xeral celebrada en decembro do 2017 en Nova York.  

AGA festexará este día en Allariz no Festival Internacional de Xardíns, con motivo da creación da Escola Galega de Apicultura e o remate do Curso Superior de Apicultura Comercial. Ademais as DAGAs tamén celebrarán este día con varias actividades. A continuación publicamos un resumo dos lugares e actividades a realizar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ALLARIZ

Festival Internacional de Xardíns de Allariz. De 11 h. a 14 h.

Obradoiros, degustacións e información sobre os produtos apícolas e a loita contra a Vespa velutina, por parte do alumnado do Curso Superior de Apicultura Comercial, que atenderán a todos os abelleiros e abelleiras que se acheguen ese día.

Para poder ter acceso de balde, é preciso inscribirse antes do 16 de maio por email a info@apiculturagalega.es ou teléfono 981 508 142.

 

BAIONA. DAGA RÍAS BAIXAS

20 de maio II Feira Apícola Val Miño,  Paseo Ribeira (Entrada do Parador)

19 de maio III Xornadas Apícolas, a partir das 16 h. en Capitanía Marítima. Falarán Gonzalo Calvo sobre a mortandade das colmeas, Ruth Vilar sobre ¿Quen alimenta realmente o mundo? e Ignacio Fernández sobre os produtos das colmeas.

 

A CORUÑA. DAGA CORUÑA. (CANCELADO)

Xardín Botánico de Culleredo

Actividades e obradoiros para todos os públicos sobre as abellas e a Vespa velutina.

 

NARÓN. DAGA FERROLTERRA

Centro Comunitario Municipal Manuela Pérez Sequeiros.

Ás 10 h. "Técnicas de control da velutina por estacións", polo Grupo de Traballo de AGA. 
Ás 11.30 h. "Apiterapia, uso terapéutico dos produtos da colmea", por José Castro, apiterapeuta.
Ó finalizar as charlas haberá un xantar de irmandande, hai que apuntarse na delegación antes do venres 18 de maio (tel. 661 378 960 ou dagaferrol@hotmail.com)

 

OUTRAS CELEBRACIÓNS

Iremos publicando máis información sobre a celebración noutros lugares nos próximos días.


Voltar