+ 34 981 508 142

DIVULGACIÓN DA TRAMPA ELÉCTRICA

9 de novembro de 2017

Oscar Abad, membro do Grupo Operativo de Innovación de AGA que puxo en marcha a trampa eléctrica para a protección dos colmeares ante a Vespa Velutina, e Fixo, o técnico que ideou o dispositivo de alimentación a base de placas solares, participarán neste mes de novembro nun par de eventos sobre tecnoloxía onde presentarán a trampa eléctrica e o alimentador solar que diseñaron.

OSHWDem Coruña - 11 de novembro no Museo Domus (A Coruña). Nesta feira disporán dun stand onde explicarán o funcionamento da trampa eléctrica. Máis información: https://oshwdem.org

MAKER FAIRE GALICIA - 24,25 E 26 de novembro na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela). Nesta feira realizarán presentación e obradoiro de fabricación da trampa eléctrica e da electrónica solar. Máis información: https://galicia.makerfaire.com


Voltar