+ 34 981 508 142

Descubre Eslovenia con AGA

Eslovenia é o país da UE con maior superficie de zonas Natura 2000. É o único estado membro da Unión Europea que ten protexida a súa propia abella autóctona "Apis mellifera cárnica" e prohibiu o uso de neonicotinoides dende o 2011. É claramente na vangarda das medidas a favor das abellas e coas últimas iniciativas presentadas no Parlamento Europeo, Almorzo Europeo con Mel e o Día Mundial da Abella, só pode ser un exemplo para todos os países de Europa.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para coñecer de perto esta forma de sentir e vivir a apicultura, AGA organiza este ano unha viaxe a Eslovenia, do 20 ao 26 de setembro. 

Este país estase convertindo nun referente a nivel internacional en apiturismo, o cal está promocionando a apicultura eslovena e os seus produtos apícolas por todo o mundo, ademais de levar a cabo unha importante difusión sobre a importancia das abellas e a súa necesaria protección. Eslovenia e Galicia teñen moitas cousas en común, en canto a territorio, poboación e tradición abelleira. Dende AGA pensamos que a a importancia que se lle da á apicultura e as abellas en Eslovenia é un bo exemplo a seguir. Por iso, animamos ós socios e socias a viaxar ó país das abellas e vivir esta experiencia única de apiturismo e aprender dos nosos compañeiros e compañeiras eslovenas.

A viaxe será unha combinación de apicultura e turismo, con visitas a apicultores, degustacións de produtos tradicionais, museos, centros de divulgación e os lugares máis fermosos do país.

Degustacion produtos Eslovenia

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para máis información sobre todo o que inclúe a viaxe descargar o programa completo (precio modificado con data 15/05/15, debido á variación do nº de persoas). O prezo variará en función do nº de participantes. Para recibir información sobre a viaxe e os prezos poñerse en contacto con AGA por email a aga@queixoemel.org ou por tel. 981 589 534. Todavía quedan prazas dispoñibles polo que ampliamos unha semana máis o prazo para inscribirse ata o día 10 de maio.


Voltar