+ 34 981 508 142

Día da Abella 2013

18 de agosto. Castelo de Maceda (Ourense)

Por primeira vez en Galicia, seguindo unha corrente mundial, o Concello de Maceda e AGA, (Asociación Galega de Apicultura), organizan o DIA DA ABELLA en Maceda.

Cartel Día da Abella 2013

Este día estará adicado a resaltar a imprencisdible labor das abellas tanto para o medio ambiente coma para a produción de alimentos debido a súa labor polinizadora (máis dun cuarto de millón de plantas florais, así como outras moitas especies cruciais para a agricultura, vexetais ou árbores frutais que consumimos a diario, dependen das abellas) e ó mesmo tempo queremos dar a coñecer os maravillosos tesouros da colmea ( mel, pole, xalea real, própole, cera etc).

Dun xeito ameno e divertido pretendemos achegar o mundo das abellas ó gran público, e que éste tome conciencia da importancia de preservar o medio ambiente e a biodiversidade como sustento da vida na Terra e dunha alimentación saudable e que corre grandes riscos na actualidade.

Se observamos o comportamento cambiante das abellas vemos que son seres moi sensibles aos cambios climáticos, a chegada de novos inimigos foráneos e ó actual modelo de produción de alimentos basado nunha agricultura industrial coa xeneralizada aplicación de pesticidas que fan desaparecer entre un 35 e 40% dos nosos enxames anualmente, cando fai 20 anos atrás desaparecía entre o 5-7%.

A Provincia de Ourense está moi ben dotada para a produción apícola e conta na actualidade con 42.653 colmeas que coidan 867 abelleir@s.

SE DESAPARECESEN AS ABELLAS, A VIDA SERÍA CASE IMPOSIBLE

Fundación Biodiversidad Española

AMPLO PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Ofreceremos un amplo programa de actividades que terá lugar entre as 11 e as 20 horas do día 18 de agosto no Castelo de Maceda:

  • FEIRA DO MEL.: As abelleiras e abelleiros ourensans ofrecerán ó público os mellores produtos das súas abellas da colleita deste ano.

  • APIEXPO : Dentro do Castelo contaremos cunha exposición didáctica que permitirá ós visitantes familiarizarse co mundo das abellas

  • DEGUSTACIÓN de productos da colmea

  • O PROGRAMA LÚDICO- ABELLEIRO, pensado fundamentalmente para os máis pequenos, discurrirá no foso do Castelo, e contará con distintos obradoiros (elaboración de candeas con cera de abellas, reciclaxe, debuxo, globoflexia…) e xogos para que os cativos o pasen ben.

  • APIEXHIBICIÓN: como non podía ser doutro xeito, As abellas (protagonistas do evento) estarán presentes nunha colmea de vidro que nos permitirá observar a sorprente organización destes insectos. Tamén nos axudará a perder o medo ás abellas a actuación do ENXAME AMESTRADO.

  • A ESMELGA: En directo, procederemos a extraer o mel dos panais e dalo a probar tal como ben de ser elaborado polas abellas,

  • APIXANTAR : En calquer evento que se precie non pode faltar a gastronomía, neste caso Carlos Parra, o prestixioso cociñeiro ourensán e rexente do hotel monumento , ofrecerános un delicioso menú no restaurante do Castelo, baseado nos productos da colmea.

¡VEN A COÑECER O FASCINANTE MUNDO DAS ABELLAS!

¡Disfruta cos 5 sentidos destes asombrosos insectos tan importantes para nós e o medio ambiente!

Para máis información:

Suso Asorey. Secretário-técnico de AGA: 630 069 635

Concello de Maceda: 988 463 001

 

 

 


Voltar