+ 34 981 508 142

Día da Abella 2015

21 de marzo no Xardín Botánico de Culleredo (A Coruña)

DAGA Coruña e o Concello de Culleredo  organizan conxuntamente o DIA DA ABELLA, este ano adicado a realizar a campaña informativa e de sensibilización "Stop Velutina" ante a presenza dunha especie invasora, a Vespa Velutina Nigrotorax ou avespa asiática, que está causando moitos problemas aos apicultores e apicultoras, aos madeireiros e fruticultores e tamén representa un perigo para a poboación en xeral e para o medio ambiente.

Programa:

Ás 11 h.: Audiovisual sobre a velutina e mesa redonda con persoas afectadas

Ás 12.30 h: Concursos. Poderán concurrir persoas individualmente ou en grupo e un xurado concederá un premio por cada concurso.

1.- Ideas á mellor maneira de combatir a velutina. Premio para a mellor idea.
2.- Presentación de trampas e outros. Premio á  mellor trampa
3.- Captura de raiñas. Premio ao que máis raiñas velutinas presente durante esta xornada.

Ás 13.30 h.: Acto de entrega de premios

Entrada libre


Voltar