+ 34 981 508 142

Día da Abella - Festa do Queixo - 03 de marzo 2013

Dia da Abella: O 3 de marzo celebraremos en Arzúa a vitoria das abellas sobre o praguicida «Cascade»

A Plataforma contra as fumigacións e por un futuro sen praguicidas, na que está integrada AGA Asociación Galega de Apicultura, ten o pracer de convidarvos a unha xornada festivo-reivindicativa cadrando coa Festa do Queixo do día 3 de marzo en Arzúa.

Celebraremos que as abellas galegas se libraron do praguicida tóxico Cascade (flufenoxurón) grazas ao apoio de cen mil persoas concienciadas e o labor da nosa Plataforma. Pero como aínda quedan outros velenos que ameazan as as abellas e os nosos ecosistemas, temos que continuar a loita na súa defensa… na nosa defensa! E este acto servirá tamén para consolidar a Plataforma, coñecer a moitas das persoas que apoiastes a loita contra o flufenoxurón a través de Internet e analizar as outras loitas aínda precisas.

O Día da Abella 

Lugar: Centro do Queixo e do mel. Feira Nova (Arzúa).

Programa de actividades:

10:00 h. – 14:00 h. e 16:00 h. - 19:00 h.:

Degustacións de mel e queixo.
Durante a xornada, haberá degustacións comentadas dos diferentes meles de Galicia, acompañados polo queixo de Arzúa.

Obradoiro de candeas para nenos e nenas.
Teremos obradoiros de candeas de cera de abella nos que cada participante fará a súa propia candea e levará como recordo da visita ó Centro do Queixo e do Mel.

11:00 h.: A nosa Plataforma celebrará unha xuntanza de traballo que será aberta ao público.

12:30-13:30 h: Voces polas abellas

Discurso de Suso Asorei (Asociación Galega de Apicultura) 
Actuación musical de Mini e Mero.
Intervencións literarias de Sechu Sende e Luz Fandiño. 

16:00 h.: Sesión API-Emprendedor@s.

Servizos de AGA: Durante todo o día tamén haberá material do Plan apícola a venda para asociad@s de AGA e poderán  entregar as fotocopias compulsadas, facer seguros e outro trámites con AGA.

Agradecemos a difusión que deste acto poidades realizar tanto nas redes sociais de Internet como imprimindo e colocando o cartaz nos locais aos que teñades acceso.

Esperámosvos!

Mais información:

www.apiculturagalega.org / www.fumigacionsnon.org

 


Voltar