+ 34 981 508 142

Día da Abella en Allariz

AGA e a Delegación de Ourense celebrarán o Día Mundial da Abella o 20 de maio en Allariz. Esta data foi declarada por Apimondia, Federación Internacional de Asociacións de Apicultura, a iniciativa da Asociación de Apicultura de Eslovenia e celebrarase ó mesmo tempo en diferentes lugares do mundo, co obxectivo de divulgar sobre a importancia das abellas e os beneficios que nos aportan.

O evento terá lugar no entorno do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, que este ano se titula “Os xardíns do futuro”. Será unha xornada de divulgación apícola dirixida ó público visitante dos xardíns e o alumnado do colexio de Allariz, na que se poderá observar a presencia de abellas e abellóns polos xardíns e participar en obradoiros de elaboración de casas de polinizadores, candeas de cera, trampas caseiras para capturar velutinas e degustación de meles.

Para a súa realización AGA conta coa colaboración do Concello de Allariz e dun equipo de voluntarios formado por socios e socias da DAGA Ourense. Se alguén da zona está interesada en colaborar na celebración deste día, pode poñerse en contacto con nós.


Voltar