+ 34 981 508 142

Día do Apicultor 2013

 

DÍA DO APICULTOR

16 de febreiro 2013
Centro do Queixo e do Mel, Arzúa - A Coruña

Organiza: Asociación Galega de Apicultura. AGA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Trinta anos despois, as abellas estannos a dicir que o mundo é moi distinto a cando botou a camiñar AGA  (1980). A globalización, o cambio climático e a gran revolución agraria, puxeron ás nosas abellas e a moitos outros seres vivos ao límite na biosfera. A biodiversidade e a produción de alimentos, que dependen sobremaneira  da presenza das abellas nos nosos campos, tamén están en serio perigo.
En Galicia, a globalización favoreceu a chegada da varroa (1987), o goníptero  dos eucaliptos (1991) e a vespa Velutina (2012), causantes de grandes problemas na nosa apicultura.

Nesta edición do  DIA DO APICULTOR imos tratar o tema da vespa velutina  como un novo inimigo co que teremos que convivir nós e as nosas abellas. Tamén imos volver sobre o tema da varroa, ofrecendo novas alternativas para o seu control, xa que só coa loita química se volveu un problema crónico sen saída.

O grupo APIE, apicultoras e apicultores innovadores, tamén presentará os novos produtos que están a elaborar e co cal pretendemos dar un maior valor engadido ás nosas producións apícolas.

Invitamos a todos os interesados e interesadas a participar nesta nova edición do  DIA DO APICULTOR en Arzúa.

Programa:

No salón de actos da Asociación de Veciños de Santa María.
- Ás 11 horas: Xornada técnica.
A Vespa Velutina Nigrotorax, avespón asiático xa está en Galicia, por Gonzalo Calvo, veterinario de AGA.
Selección de Abellas Tolerantes a Varroa, por José Luis Rodriguez Basagoiti, apicultor profesional do País Vasco e Presidente da Asociación de Apicultores de Vizcaia, BAMEPE.

-Ás 13 horas: Asemblea Xeral de AGA

-Ás 14 horas: Xantar

No Centro do Queixo e do Mel

-Ás 16 horas: Sesión do grupo APIE


DURANTE TODO O DÍA HABERÁ:
Exposición e venda de produtos innovadores polo grupo APIE.
Venda de produtos apícolas. Feira de Material apícola

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL DE AGA 2013

Día e hora: día 16 de febreiro de 2013, ás 13 horas
Local: Salón da Asociación de Veciños. Santa Maria, Arzúa

Orde do día:
-Lectura e aprobación da acta anterior, se procede
-Informe de actividades e contas ano 2012
-Programa de actividades e presuposto para o ano 2013
-Rogos e preguntas.

 

 


Voltar