+ 34 981 508 142

Divulgación sobre abellas e avespas na Biblioteca Anxel Casal en Santiago

Durante o mes de outubro AGA Asociación Galega de Apicultura organiza unha serie de actividades sobre as abellas e as avespas na Biblioteca Anxel Casal de Santiago de Compostela, co obxectivo de dar a coñecer a diversidade de meles monoflorais, a práctica apícola en Galicia e aprender a distinguir abellas, avespas autóctonas e a Vespa Velutina. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Exposición de pintura apícola

Do 14 ó 31 de outubro estará aberta a exposición de pintura apícola, co tema central das abellas e a apicultura, formada polas obras premiadas e finalistas no III Concurso de Pintura Apícola e as premiadas en anteriores edicións do concurso.  Este concurso é organizado pola Fundación Amigos de las Abejas de Guadalajara e a edición deste ano foi realizada en Santiago de Compostela con motivo do VII Congreso Apícola Hispánico organizado por AGA Asociación Galega de Apicultura. Ver información

Cata-degustación de meles monoflorais e elección do mel que mais gusta na Biblioteca Anxel Casal

A tarde do luns 27 de outubro, no Salón de Actos da Biblioteca, ofrecerase unha degustación dos principais meles monoflorais que se producen na Península Ibérica e illas Canarias. As mostras proveñen do concurso de meles realizado no VII Congreso Apícola Hispánico. Darase unha explicación sobre cómo realizar catas e aprender a distinguir as variedades de mel a través das súas principais características organolépticas.

As persoas que realicen a degustación poderán dar o seu voto para escoller o mel que mais gusta na Biblioteca Anxel Casal. Ás 19.30 h. farase o reconto de votos e un sorteo dunha cesta de productos apícolas entre os participantes.

Avespas autóctonas e Vespa Velutina

Ás 18.30 h. terá lugar unha charla informativa sobre as avespas, outros insectos cercanos ás abellas pero mais descoñecidos e temidos, para aprender a distinguir as diferentes especies autóctonas e foráneas e descubrir tamén o seu valor no medio ambiente.

A elevada presencia o pasado verán da avespa asiática Vespa Velutina fixo saltar a alarma no sector apícola por ser unha ameaza para as abellas. Os medios de comunicación seguiron con interese este acontecemento pola súa relevancia social e medioambiental. Nalgúns casos utilizouse o calificativo de "avespa asesina", o cal provocou un efecto de medo e rechazo frente a este insecto por parte da poboación e tamén dunha parte dos profesionais da apicultura, incluso chegando a perxudicar ás avespas autóctonas, facéndoas responsables dos efectos negativos causados pola Vespa Velutina.

Proxección documental "Apicultura na casa"

Presentación do documental sobre a apicultura galega realizado por Helios Vega e Pablo Portela coa colaboración de AGA Asociación Galega de Apicultura. O documental fai un percorrido por diferentes lugares de Galicia de interese apícola e explica aspectos sobre as abellas e a apicultura a través de entrevistas a apicultores e apicultoras que forman parte de AGA. Por un lado ten unha finalidade didáctica, destinado ás persoas que se queiran iniciar no mundo da apicultura, e polo outro tamén é divulgativo xa que amosa a potencialidade do noso territorio para a práctica apícola, os beneficios que esta aporta e a importancia das abellas no medio ambiente. 


Voltar