+ 34 981 508 142

ELECCIÓNS AO CONSELLO REGULADOR DE MEL DE GALICIA

O día 5 de Abril comezou o proceso electoral para a elección dos membros do Consello Regulador de Mel de Galicia.  Cúmplese así co establecido na ORDE do 3 de abril de 2017 pola que se convocan eleccións e se ditan normas para a renovación dos órganos de goberno de determinados consellos reguladores do ámbito agroalimentario.

Na actualidade atopámonos na fase de aprobación dos censos provisionáis, censos éstes que conteñen aos membros inscritos na Indicación Xeográfica e que a falta de acordo elexirán aos integrantes do Consello Regulador.  Os censos foron aprobados no Pleno da IXP Mel de Galicia celebrado o día 25 de Abril.  Unha vez aprobados os censos e resoltas as reclamacións dará comenzo a presentación de candidaturas, que serán aprobadas no Pleno xa fixado para o día 6 de Maio de 2017. A falta de acordos electoráis sobre as candidaturas, a campaña electoral comezaría a fináis de Xuño.

Na IXP Mel de Galicia existen dous censos, un correspondente ao Sector productor (CENSO A) constituído polos titulares de instalacións inscritas no Rexis­tro de Explotacións do Consello Regulador, e outro correspondente ao Sector industrial (CENSO B), constituído polos titulares de instalacións inscritas no Rexis­tro de Instalacións de Extracción, Almacenamento e/ou Envasado do Consello Regulador.

O "Censo A" correspondente aos productores dívidese en tres subcensos distintos;

Subcenso A1 : formado por productores que posean menos de 150 colmeas.

Subcenso A2 : formado por productores que posean entre 150 e 400 colmeas.

Subcenso A3 : formado por productores que posean máis de 400 colmeas.

 

O "Censo B" correspondente aos envasadores divídese en dous subcensos, en función da produción de mel certificado e contraetiquetado como media nos tres últimos anos naturais;

Subcenso B1 : instalacións cunha produción menor ou igual a 50.000 kg anuais.

Subcenso B2: instalacións cunha produción maior de 50.000 kg anuais.

 

En Plenos anteriores a distribución dos vogais entre ambos censos quedou aprobado do seguinte xeito: 9 vogais en total, cinco corresponderán aos envasadores e catro aos productores.  Os productores do Subcenso A1 estarían representados por un vocal, os do Subcenso A2 por outro, e os do Subcenso A3 por dous vogais.

Os membros do Subcenso B1 estarían representados por tres vogalías e os membros do Subcenso B2 por dúas vogalías.

Os membros de AGA e máis de Erica Mel así como a representante de Senra Sociedade Cooperativa Galega opuxéronse a este reparto por entender que sería máis xusto asignar dúas vogalías aos productores que poseen entre 150 e 400 colmeas e non aos que poseen máis de 400, distribuíndo así as vogalías entre os colectivos con máis apicultores e non por producción de kg de mel. Malia disto como decimos o reparto foi aprobado por maioría.

O día 28 de Xuño remata o prazo para a presentación dos acordos electoráis polas candidaturas. Se non houbera acordo comezaría a campaña electoral e posteriores eleccións, e xa no mes de Xullo serían proclamadas as vogáis electos pola Xunta electoral.


Voltar