+ 34 981 508 142

EN MAREA-EN COMÚN PODEM-PODEMOS REXISTRAN PREGUNTAS SOBRE A VELUTINA NA MESA DO CONGRESO DOS DIPUTADOS

O Grupo Político En Marea-En Común Podem-Podemos rexistrou o pasado luns 21 de abril unha serie de preguntas ante a Mesa do Congreso dos Diputados. Os temas a cuestionar xiran en torno a invasión da especie exótica invasora Vespa Velutina  e sobre a utilización dos plaguicidas neonicotinoides.

A Asociación Galega de Apicultura tivo a oportunidade de falar con este partido e respostar  así algunhas cuestións que se nos plantexaron de índole técnica e legal antes de rexistrar o documento na Mesa do Congreso.  Neste sentido, AGA aportou as súas ideas sobre estes temas destacando a clasificación da Vespa Velutina como unha especie exótica invasora e incidindo nas obrigas que se derivan desta clasificación de cara ás Administracións, ideas que foron xa recollidas nos documentos relativos á Plataforma "Stop Velutina -Galicia" que se pretende constituir e que son a base das nosas reivindicacións; 1) impulsar a investigación, 2) a importancia da loita preventiva, 3) a necesidade dun organismo único, 4) a labor necesaria de divulgación social.

Por outra banda, o debate sobre os praguicidas neonicotinoides sigue enriba da mesa e podemos decir que estamos nun momento crucial na loita contra a súa utilización. Como é sabido, no mes de Maio terá lugar o debate e votación sobre a prhibición total no uso destes praguicidas. Xa no ano 2013 establecéuse a prohibición dos tres praguicidas neonicotinoides (imidacloprid, clotianidina e tiametoxan) para tratamentos de sementes e tratamentos do chan en cultivos atractivos para ás abellas, nos cereáis, así como nos tratamentos foliares, malia disto, a denegación da autorización deixou aberto o seu uso en invernadoiros e usos tras a floración. A Comisión Europea xa se mostrou favorable á prohibición e agora é o turno dos Estados membros, que decidirán sobre esta proposta e comunicarán a súa postura á Comisión previsiblemente no mes de Maio. 

Neste sentido, as preguntas de En Marea-En Común Podem-Podemos  tratan de saber cal será a postura do Goberno español neste debate e votación, conminándolles a que se postulen a favor da prohibición total no uso destes praguicidas contaminantes e tóxicos para a saúde do medio ambiente, das abellas e dos seres humanos. A loita contra os neonicotinoides é unha das principáis reivindicacións que AGA manten dende hai moito tempo, aproveitando todos os frentes posibles, a través de organizaciones como Bee Life, ou como neste caso a través dos grupos políticos como medida de presión ante o Goberno.

Documento pregunas rexistradas


Voltar