+ 34 981 508 142

Entrada de novos socios e socias en Erica Mel S.C.G.

Logo Erica Mel

 

Este ano as persoas interesadas en asociarse a Erica Mel poderán facer o pago do Capital Social en mel, entregando 180 Kg (equivalente ó valor de 520 €, capital social fixado por asemblea para entrar na cooperativa).  

Pedir información sen compromiso no teléfono da cooperativa 981 508 142.    

 

 

 

 

Información sobre Erica Mel:

A Cooperativa Erica Mel, está formada por 322 apicultores de toda Galicia, que entregan o seu mel na envasadora en Arzúa para a súa comercialización.

Para asociarse a Erica Mel S.C.G. é necesario:

  • Ser socio ou socia de AGA, Asociación Galega de Apicultura, cunha cuota anual de 40,00 € (ingreso no nº de conta 2091-0348-18-3000018210).

  • Inscribirse na I.X.P. "Mel de Galicia", chamando ó número de teléfono 981 511 913 e realizar o pago das tasas correspondentes.

  • Entregar 180 Kg de mel ou abonar 520 € en concepto de capital social da cooperativa, para o cal é necesario facer o ingreso na conta de Erica Mel: 2080-0378-52-3040004176 e enviar a copia da transferencia realizada.

  • Por cada colmea a partir das 20 mínimas necesarias para asociarse entregar 1 Kg de mel ou abonar 3,00 € / colmea.

  • Cubrir a folla de inscripción de socios de Erica, que se pode solicitar chamando por teléfono ó 981 508 142 e enviala xunto coa copia da transferencia ó seguinte enderezo: Erica Mel S.C.G. Rúa Basilio Carril s/n Feira Nova 15819 Santa María – Arzúa (A Coruña).

Outros servizos:

Recollida e reciclado de cera, envases para o mel, utensilios, etc. Tamén ofrece a posibilidade de facilitar o etiquetado do mel do socio ou socia para a venda no mercado local, coa marca de MEL DAS MIÑAS COLMEAS personalizado.

Mais información:

Web: www.ericamel.es
Email: cooperativa@ericamel.es
Tel. 981 508 142


Voltar