+ 34 981 508 142

Estreo do documental "Mucho más que miel"

Este venres 10 de abril estrease en España o documental, "MUCHO MAS QUE MIEL". En Galicia será proxectado en Vigo, nos Cines Norte (Vía Norte, 22) durante toda a semana e o día 12 de abril, despois da proxección das 17.45 horas, estará presente Xesús Asorey, secretario técnico de AGA, para un coloquio cos asistentes. Neste momento estanse organizando máis proxeccións noutros lugares de Galicia, do que enviaremos información a vindeira semana.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dirixido por Markus Imhoof, este documental nos achega ó fascinante mundo das abellas a través dunha viaxe con imaxes espectaculares por colmeas de diferentes lugares do planeta. Ademais, fai especial atención sobre a crítica situación das abellas na actualidade, debido á agricultura industrial e o uso masivo de pesticidas.

Dende AGA consideramos moi importante a nosa colaboración na difusión deste documental dado que imos poder dar a coñecer ao gran publico o problema dos agrotóxicos e toda a problemática perigosa que rodea o mundo das abellas e dos humanos. Non perdades a oportunidade de velo.

Ficha técnica
Título: More Than Honey
Ano: 2012
Duración: 88 min.
País: Suiza
Director: Markus Imhoof
Género: Documental |Animales. Insectos
Sinopse: Unha mirada en profundidade ás colonias de abellas en lugares como California, Suiza, China ou Australia.

 


Voltar