+ 34 981 508 142

EXPERIENCIAS E CONCLUSIÓNS TRAS O VERÁN DA TRAMPA ELÉCTRICA: A TRAMPA FUNCIONA

14 de setembro de 2017

Na pasada primavera AGA consituíu un grupo de traballo adicado ao estudo teórico da trampa eléctrica e que pretendía extraer puntos e conclusións importantes acerca do seu funcionamento. Os traballos deste grupo remataron e serviron para elaborar a "Guía para a construción caseira dunha trampa eléctrica" e xa todos e todas coñecedes.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Podemos dicir que o sistema tivo moi boa acollida, unha vez comenzou a circular a guía, un gran número de socios e socias comezaron rápidamente coa construcción dos dispositivos, en moitos casos asesorados por AGA e o persoal que xa tiñamos de man para levar o asesoramento técnico.

Actualmente existen unhas 500 trampas funcionando e distribuídas por toda a xeografía galega. Unha vez transcurrido o verán e tras facer as primeiras probas no campo podemos xa ter algunhas conclusións sobre o funcionamento da mesma.

Podemos dicir que este sistema cumple dúas funcións ou traballa de dúas mañeiras: por un lado, a trampa eléctrica é eficaz para electrocutar ás velutinas sen chegar a matalas, isto prodúcese no barreño ou balde con auga que vai colocado baixo a trampa. Por outra banda, moitos dos socios e socias que teñen xa instalada a trampa falan do "efecto disuasorio" que provoca a trampa sobre as velutinas; unha vez colocada, a ausencia deste insecto atacando las colonias de abellas é moi notable, co cal, a trampa non só consigue "achicharrar" ás velutinas que se acheguen ó colmear a comer abellas, senón que tamén reduce de xeito significativo o número de velutinas que acuden aos apiarios.

Dende AGA celebramos este traballo que non é senón un éxito na loita contra o avance desta praga, e consideramos xa a trampa como un dos métodos que, tras as probas de campo realizadas durante o verán e sabendo que é un deseño que precisa mellorar para optimizalo nalgúns puntos, tarefa na que xa está o grupo de traballo de AGA,  axuda significativamente a controlar a presencia de velutinas nos apiarios, liberando de presión as abellas para que éstas volvan a traballar con normalidade.

Sabemos que a convivencia coa velutina non pasa por solucións únicas ou inmediatas, senón que éstas deben ser varias e coordinadas entre sí; o trampeo primaveral e masivo de primavera, a investigación sobre loita biolóxica, protección de apiarios... pero sí e un graniño de area que arroxa algo de luz na xestión desta problemática.


Voltar