+ 34 981 508 142

Exposición Pintura Apícola

Título exposición: Pintura apícola

Organiza: AGA Asociación Galega de Apicultura e Fundación Amigos de las Abejas

Duración: Do 14 ó 31 de outubro

Lugar: Salón de Actos da Biblioteca Pública Anxel Casal - Santiago de Compostela

Descrición:

Exposición de pintura co tema central das abellas e a apicultura, formada polas obras premiadas e finalistas no III Concurso de Pintura Apícola e as premiadas en anteriores edicións do concurso.  Este concurso é organizado pola Fundación Amigos de las Abejas de Guadalajara e a edición deste ano foi realizada en Santiago de Compostela con motivo do VII Congreso Apícola Hispánico organizado por AGA Asociación Galega de Apicultura.

Son en total 22 cadros, dos cales 4 son os premiados e 10 os finalistas no III Concurso de Pintura Apícola e 7 premiados en anteriores edicións. Ademais inclúese unha donación dunha das obras concursantes este ano.

 

 

1º Premio 2014: Bee's Perspective - Miguel Linares Ríos

Bee's Perspective

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2º Premio 2014: Definición de Abeja - Oscar Cabana Picado

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

3º Premio 2014: A Volta - José Ramón Rivas García

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Premio "Camiño de Santiago": Benvida - Leticia Montero Carames

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ver as obras dos finalistas do concurso

Esta iniciativa de sensibilización da Fundación Amigos de las Abejas ten como obxectivo promover o coñecemento sobre  a apicultura e as abellas á sociedade dunha forma novedosa, atractiva e práctica tratando de resaltar a importancia que teñen no mantemento da biodiversidade dos ecosistemas terrestres.

Mais información sobre a Fundación Amigos de las Abejas e o concurso de pintura en www.abejas.org


Voltar