+ 34 981 508 142

FELIZ ANO 2018, CON MOITAS ABELLAS E PRÓSPERAS COLLEITAS

22 de decembro 2017

Ós socios e socias de AGA e Erica Mel, abelleiros e abelleiras, persoas amantes e defensoras das abellas, consumidoras de mel e a todas aquelas que nalgún momento pensen no importantes que son as abellas...

 

Que o 2018 sexa un ano no que vexamos como iremos superando os problemas que están ameazando as abellas e que a súa protección sexa verdadeiramente un asunto prioritario para a sociedade e os seus gobernos.

Temos que seguir loitando en favor da saúde das abellas xa que dela depende tamén a saúde do planeta. A mellor forma de facelo é dende a unión, como levamos facendo dende AGA ano tras ano, sendo unha das asociacións apícolas máis importantes da península, con 259 incorporacións novas este ano, sumamos xa máis de 1.750 socios e socias.

Sigamos así, sumando forzas e pouco a pouco iremos conseguindo todos os obxectivos que nos propoñamos.


Voltar