+ 34 981 508 142

Fai a súa vida un pouco mais doce

"Fai a súa vida un pouco máis doce" campaña de recollida de xoguetes para os nenos e nenas sen recursos. Entre todos podemos facelo!!!

O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia fai un chamamento solidario para que este Nadal ningún neno nin nena se quede sen xoguetes:

1. Por unha banda en colexios de Galicia que terán ata o 5 de decembro para xuntar os xoguetes e despois pasarán a recollelos os axudantes dos Reis Magos  (Mel de Galicia). 

2. Por outra banda o doce do doce no Centro Comercial As Cancelas de Santiago, aquel que queira poderá achegar os xoguetes onde ademáis participará nun obradoiro profesional de packaging aberto a todos los públicos no que se envolverán de ilusión e esperanza os xoguetes, para posteriormente facer entrega aos axudantes das súas Maxestades de Oriente (Cáritas Galicia). 

3. Tamén, a propia Sede do Consello Regulador será un punto de recollida de xoguetes, onde o prazo para face los chegar remataría o once do doce. Dirección de envío é Pazo de Quián s/n, Sergude. 15881 Boqueixón, A Coruña.


Consello Regulador I.X.P Mel de Galicia
Pazo de Quián, s/n - Sergude
15881 Boqueixón - A Coruña
Tlf./Fax: 981511913
www.mieldegalicia.org; www.ourodoce.es
info@mieldegalicia.org; ester@mieldegalicia.org
https://www.facebook.com/MeldeGalicia

 


Voltar