+ 34 981 508 142

Feira da Eira da Xoana

Organiza a Eira da Xoana e ADEGA.

28 de outubro de 2012 na Eira da Xoana (Ramil, Agolada). Dende as 11:00 e durante todo o día.

Haberá postos de artesanía (cerámica, cestería, etc) e produtos da terra (queixos, mel, embutidos, hortalizas, etc), con algunha demostración sorpresa dos nosos artesáns.

Teremos xantar para gozar do día na Eira da Xoana (callos, polbo e outras viandas).Obradoiros e música.

PROGRAMA:

11.00 h => Obradoiro de Cestería.

12.00 h => Charla "Alimentación saudable".

13.00 h => Xantar amenizado con Música.

16.30 h => Xogos populares, Obradoiro de chapas, e máis música.

17.00 h => Mesa redonda.Os produtos apícolas de Galicia. Impartida por membros de AGA (Asociación Galega de Apicultura) e de Abella Lupa SAT.

18.00 h => Sorteo dunha cesta entre os consumidores da Feira.

 


Voltar