+ 34 981 508 142

Finalizado o proxecto API-Emprendedor@s

Dous anos despois de iniciado o curso API-Emprendedor@s dámolo por rematado despois da celebración do VII Congreso Apícola Hispánico o pasado mes de outubro.

O día 23 de novembro  de 2014, en Trasalba (Ourense), lugar onde botou a camiñar o proxecto e coincidindo cunha xornada apícola organizada pola DAGA Ourense, realizouse a última xornada do proxecto, coa presencia do grupo que participou durante estes dous anos no proxecto e ó cal se lle entregou un diploma de asistencia.

Actividades realizadas polo grupo APIE

- Organización do VII Congreso Apícola Hispánico considerado un éxito.

- Organización de feiras en Lugo, Santiago e Maceda.

- Fundación de DAGAS: Fundáronse en Lugo, Ourense e Condado-Paradanta

- Realización de proxectos individuais, apoiados co asesoramento de AGA e a formación recibida durante as xuntanzas realizadas, como por exemplo a elaboración de productos de promoción apícola, accións de divulgación apícola e comercialización de produtos.

A actividade APIE continúa

Aínda que o tempo de formación de Api-emprendemento rematou, o grupo continúa en activo, tanto a nivel individual como colectivo, no mantemento de varias iniciativas que se puxeron en marcha  así como para a colaboración nos eventos que organiza AGA.

Agradecementos

Dende a asociación agradecemos as aportacións de todo o grupo APIE nas actividades realizadas por AGA e nas que se solicitou a súa colaboración, tanto dos que se mantiveron activos durante os dous anos, como para os que só puideron participar puntualmente.


Voltar