+ 34 981 508 142

GALICIA, CORNIXA CANTÁBRICA E FRANCIA: TERRITORIOS COLONIZADOS POLA VESPA VELUTINA, CONVIDADOS Ó DÍA DO APICULTOR

14 de febreiro de 2018

A Asociación Galega de Apicultura adicará este ano o Día do Apicultor á loita contra a Vespa velutina nos diferentes territorios que ata agora foron colonizados polo tártago asiático. Durante a xornada, que terá lugar o vindeiro sábado 17 de febreiro en Arzúa, representantes de diferentes territorios afectados: Francia, Cantabria, Asturias e Galicia, expoñerán a súa situación e experiencias, co obxectivo de colaborar na búsqueda de solucións.

A loita contra a velutina en Francia, Cornixa Cantábrica e Galicia

A Vespa velutina supón na actualidade a peor ameaza para as abellas e a apicultura nunha boa parte do territorio galego, norte da Península Ibérica e Francia. Aínda queda moito por descubrir sobre o tártago asiático e para acadar unha loita eficaz é indispensable que o coñezamos mellor.

Para isto, expoñerase a experiencia de Francia, país que leva xa 13 anos de percorrido nesta loita, coa información recollida pola UNAF Unión Nacional de Apicultura Francesa. Dende a Cornixa Cantábrica acudirán representantes das recén creadas Plataformas Stop Velutina Asturias e Cantabria, que relatarán cales son as súas reivindicacións e os resultados obtidos ata o momento. E dende Galicia expoñerán a situación no noso país a Asociación Galega de Apicultura, coa súa proposta de loita para este ano, e a Plataforma Stop Velutina Galicia, que explicará o traballo desenvolto e as expectativas de futuro.

Trampa eléctrica para protección das colmeas

No terreo práctico, co fin de ofrecer ferramentas ós apicultores e apicultoras para protexer os seus apiarios ante os ataques da velutina, haberá unha exposición de diferentes modelos de trampas eléctricas, na que poder comparar e decidir que tipo de trampa utilizar. Para asesorarnos neste tema estará presente a investigadora e socia de AGA Sandra Rojas, quen nos informará do estudo realizado a través da Universidade de Vigo. 

Escola Galega de Apicultura e Plan Apícola

Ademais, presentaremos a recentemente creada Escola Galega de Apicultura e o programa de formación de AGA para o 2018, así como información sobre a próxima convocatoria do Plan Apícola. 

Feira de material e outros servizos

Como vén sendo habitual nesta xornada, teremos feira de material e servizo de información e trámites cos socios e socias.

Este ano as charlas serán no local da Pulpeira de Santa María, detrás da nave de Erica Mel, onde faremos tamén un xantar abelleiro.

 

PROGRAMA DÍA DO APICULTOR

17 de febreiro en Arzúa

As palestras serán no local da Pulpeira de Santa María (detrás da nave de Erica Mel)

Ás 10 h. apertura da feira

Palestras - Sesión de mañán

- De 10 a 10.15 h. Presentación da xornada e plan de loita contra a Vespa velutina de AGA.

- De 10.15 a 11.15 h. Loita contra a Vespa velutina en Francia. Xosé Torres, secretario de AGA, en representación de Loïc Leray, vicepresidente da Unión Nacional de Apicultura Francesa UNAF.

- De 11.30 a 12.00 h. Percorrido da Plataforma STOP Velutina -Galicia, traballo e expectativas. Laura García Sáez, asesora xurídica de AGA

- De 12.00 a 12.45 h. Plataformas Stop Velutina Asturias e Cantabria. Carlos Valcuende, Federación de Asociaciones de Apicultores de Cantabria (FAAC) e Santiago Menéndez, Federación de Asociaciones de Apicultores del Principado de Asturias (FAPI)

Ás 13 h. Asemblea Xeral de AGA

Xantar abelleiro na Pulpeira de Santa María. A pulpeira abrirá como un día de feira e ofrecerá o seu menú habitual: pulpo á feira, carne ó caldeiro... Non é necesario reservar previamente. Para máis información: Tel. 986 58 77 21

Palestras - Sesión de tarde

- Ás 16.30 h. Escola Galega de Apicultura e programa formación AGA 2018. Paula Souto, técnica de AGA.

- Ás 16.45 h. Plan Apícola 2018. Gonzalo Calvo, veterinario de AGA.

- Ás 17 h. A eficacia da trampa eléctrica contra a Vespa velutina. Sandra Rojas, investigadora da Universidade de Vigo

- Ás 17.30 h. Presentación diferentes modelos trampas e dispositivos alimentación. Por Fernando Cores, Vel-Zapper, Pastores Zagal, Victor Fernández, Ramiro Freire, Eugenio Pichel, Benigno Fernández e José Luis Mouriz.

Durante todo o día:

Feira de material apícola (na nave de Erica Mel). Coa participación de: Erica Mel, Macmel, Lyson, Apícola Carballal, Angel Romero, Anel, Hayedo - Laboratorios Calier, Rucamanqui - Santamix Ibérica e Celso Cadahía.

Exposición de  trampas eléctricas contra a velutina (no Centro do Queixo e do Mel).

Espazo infantil (no Centro do Queixo e do Mel): Actividades para cativos e cativas

Ás 18 h. Peche instalacións

 


Voltar