+ 34 981 508 142

Gobernos europeos bloquean a avaliación de riscos dos pesticidas nas abellas

Nota de prensa de Bee Life sobre a decisión da implantación da Guía EFSA en Europa:

O día 20 de marzo, mentres que a primavera estaba chegando, os representantes dos ministerios nacionais e da Comisión Europea reuníronse en Bruxelas, no Comité Permanente da Cadea Alimentaria e de Sanidade Animal para negociar a guía EFSA, o protocolo de base científica máis apropiado que permitiría manter fóra do mercado os pesticidas tóxicos para as abellas e outros polinizadores. Aínda que a Comisión (DG SANTE) apoiaba a implantación da orientación, a posición dos gobernos nacionais continuou incerta e non transparente, levando a un bloqueo na decisión.

O novo marco lexislativo da UE sobre os pesticidas obriga á industria de pesticidas a proporcionar máis datos sobre toxicoloxía na abella cando se solicita un novo principio activo ou formulación.

Co obxectivo de facer cumprir de forma adecuada e armonizada co dereito da UE, a EFSA, seguindo o mandato da Comisión Europea, publicou a guía de orientación sobre as abellas. Esta orientación é o resultado dun traballo independente e científico. Se fose aprobado polos Estados membros, esta metodoloxía científica permitiría ter avaliadores de risco para  o os datos facilitados pola industria dos pesticidas. Tal metodoloxía ía apoiar a toma de decisión política sobre os pesticidas a nivel comunitario e nacional.

A pesar dos esforzos da Comisión Europea para ter en conta o risco de pesticidas para polinizadores, Estados membros seguen a bloquear a aprobación da Guía EFSA..

Bee Life fará o seguimento deste expediente ata que a lei europea sobre os riscos dos pesticidas para polinizadores sexa debidamente aplicada, é decir, ata que a Guía EFSA sexa aprobada e cumprida.

Francesco Panella, presidente da Bee Life dixo: É triste ver que a ciencia está en todas partes, dentro da lóxica legalidade europea, ata que se atopa cos intereses económicos dos Estados membros ou da industria de pesticidas. Ademais, este bloqueo mostra un feito preocupante: os Estados membros non confían na competencia científica da EFSA. Para Bee Life, canto máis cedo fose aplicada a guía, máis cedo a comercialización de tóxicos pesticidas para polinizadores poderá evitarse. O apoio de cada cidadán será esencial para manter polinizadores en territorio europeo e para garantir a calidade de vida de todos nós.

Ver a nota de prensa completa en inglés ou francés de Bee Life.

Máis información en www.bee-life.eu


Voltar