+ 34 981 508 142

Greenpeace movilízase para SALVAR AS ABELLAS

08 de maio de 2014

Día Europeo Salvar as AbellasO sábado 10 de maio Greenpeace ten convocada o Día de Acción Europeo para Salvar as Abellas. Durante este día voluntarios e voluntarias de toda Europa sairán á rúa para pedir que se prohiban os praguicidas perigosos para as abellas e se desenvolva un plan de acción integral para protexelas. 

A organización ecoloxista publicou ademais o 08 de maio un informe titulado "Alimentos bajo amenaza" sobre o valor económico da polinización e a ameaza que supón o declive das abellas e outros polinizadores na producción de alimentos e na actividade agrícola.

Trátase de visibilizar a importancia das abellas, non só relacionado co manemento da biodiversidade e a producción de alimentos, cuestións fundamentais das que xa se está facendo divulgación a través de moitas organizacións e asociacións do sector, senon tamén en términos económicos e de emprego, co beneficio orxinado gracias á polinización dos cultivos que dependen directamente destes insectos.

Estes valores económicos coñécense na agricultura mundial pero en España non existría todavía un estudio destas características. O obxectivo é facer público o valor económico da polinización por insectos para a agricultura española e para cada unha das comunidades autónomas, o grado de vulnerabilidade da agricultura ante a perda destes insectos e a súa situación específica e dos praguicidas que os ameazan en España.  

Para mais información: http://www.greenpeace.org/espana/es


Voltar