+ 34 981 508 142

I Asemblea da Rede de Museos Apícolas

13 de novembro de 2015

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A Aula Apícola Municipal de Azuqueca de Henares acolleu a I Asamblea da Rede de Museos Apícolas de España o pasado 6 de novembro. 

A rede está formada por 20 museos e centros de divulgación de toda España, entre os cales están os galegos a Casa das Abellas, a Casa do Mel, Apípolis, o Enredo do Abelleiro e o Centro do Queixo e do Mel, e ten como obxectivos a  conservación do patrimonio apícola tradicional e a divulgación sobre a importancia das abellas, a apicultura e os seus produtos. 

Entre as actividades acordadas nesta primeira asemblea, están a celebración do Día da Abella o 20 de maio, data que foi aprobada por Apimondia para instaurar como Día Mundial da Abella. Con motivo desta celebración organizarase o II Concurso de Debuxo Infantil no que poden participar todos os colexios interesados. A vindeira cita do colectivo será en Málaga en novembro de 2016.

Máis información sobre as actividades da Rede de Museos Apícolas no facebook:

https://www.facebook.com/pages/Red-de-Museos-Ap%C3%ADcolas/1518738081737912?ref=hl

 

Voltar