+ 34 981 508 142

III Foro Apícola

30 de abril de 2015

Cartaz Foro Apícola 2015

Arzúa, 6 de xuño de 2015 - De 10 a 14 de 17 a 20 h

O III FORO APICOLA acolle a 30ª Mostra Galega de Apicultura especial por celebrarmos ao mesmo tempo tamén o 35º aniversario de AGA e o 25º aniversario da cooperativa Erica Mel.

Durante o foro pretendemos  tratar os temas máis actuais da nosa apicultura, presentar innovacións e celebrarmos os aniversarios.

Despois de 35 anos estamos mergullados nun proceso de renovación profundo e de recambio xeneracional. Como dato valga a cifra de 115 novos socios e socias dende o primeiro de xaneiro deste ano. Xente nova que ven con moito ímpetu e que recibimos cos brazos abertos.

Nestes intres, o gran público asocia as abellas coa saúde, productos apiterapéuticos e comida saudable. Os científicos están confirmando que nun medio ambiente enfermo non pode haber abellas sanas e tamén temos que preguntarnos se nun medio ambiente enfermo  pode haber persoas sanas.

Agardámosvos a todas e todos. Podedes acudir coas vosas familias e  amigos para participar nos actos do III FORO. 

Nos próximos días publicaremos o programa completo que lle enviaremos tamén os socios e socias de AGA a través do Correo Apícola.


Voltar