+ 34 981 508 142

IX FEIRA APÍCOLA DE CANTABRIA

28 de xullo de 2017

A Federación de Asociacións de Apicultores de Cantabria (FAAC) presentou o avance do que será o programa desta IX edición da Feira Apícola de Cantabria, que terlá lugar os días 21 e 22 de outubro de 2017 no Mercado Nacional de Gando de Torrelavega.

AGA organizará a visita a esta feira durante a Marcha Stop Velutina, que recorrerá en tren a Cornixa Cantábrica do 19 ó 23 de outubro. Máis información da Marcha.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Exposición de material e produtos apícolas con máis 45 expositores nacionais e internacionais. Estando presentes os principais fabricantes e distribuidores de material apícola que farán demostracións de maquinaria e presentacións de produtos novedosos.


Ciclo de Conferencias Técnicas: Nelas abordaranse os principais problemas que afectan ao sector apícola como son a varroase (con novos enfoques para o seu control), o impacto dos pesticidas neonicotinoides nas abellas, a Vespa velutina, da man de Lolo Andrade (investigador experto en insectos e membro de Protección Civil), que dará unha conferencia o sábado pola tarde e un obradoiro o domingo pola mañá titulado "Avespas, a súa diferenza, comportamento e métodos de control". Tamén contaremos coa presenza do apicultor profesional Manuel Barquín que dará unha clase sobre manexo apícola, presentaranse as Plataformas STOP Velutina de Galicia e Cantabria e algunha máis a falta de confirmar. 

Ademais con esta edición, coinciden dous importantes acontecementos en Torrelavega, os días previos COAG celebrará as súas Xornadas Apícolas e a chegada, o sábado 21 á feira, da Marcha STOP velutina (que percorre en tren a Cornisa Cantábrica desde Ferrol a Bilbao para denunciar a problemática da invasión deste insecto, organizada por AGA coa colaboración de CODACC), que contribuirán a realzar esta edición e a unha maior afluencia de apicultores de toda España. 

Actividades xerais da feira

  • Exposición sobre a Vespa velutina, con 12 carteis de gran formato.
  • O recuncho do apicultor. Espazo para mostrar inventos, ideas, etc. A mellor idea terá un obsequio
  • IX Concurso de Debuxo "O mundo das abejas" Poderán participar pícaros/as de 4 a 12 anos
  • IX Concurso de "Sobremesas con mel" con dúas categorías, sobremesas creativas e tradicionais
  • Cócteles con zumes e mel para nenos a cargo da Asoc. de Barmans de Cantabria. 
  • Degustación de meles e das sobremesas presentadas ao Concurso


III Xornadas Gastronómicas "O mel nas cociñas de Torrelavega" do día 14 ao 22 de outubro en trece restaurantes da cidade. 

A Feira e todas as actividades desenvolveranse nas instalacións do Mercado Nacional de Gando de Torrelavega e permanecerá aberta ininterrumpidamente durante o sábado de 10:00 h. a 20:00 horas e o domingo de 10:00 a 15:00 horas.

Información sobre a IX Feira ampliada e actualizada: http://federacionapicantabria.blogspot.com.es
Cesar 609 48 15 28 - Carlos 686 76 47 73 ou no e-mail: faacantabria@gmail.com


Voltar