+ 34 981 508 142

Interesantes contidos no Congreso Nacional de Apicultura de Granada

26 de abril de 2016

 

A organización do VIII Congreso Nacional de Apicultura continúa a bo ritmo de cara á súa celebración os días 3, 4 e 5 de novembro en Granada. Na web do congreso pódese consultar toda a información:

http://www.congresoapiculturagranada2016.com

Dende a Asociación Provincial de Apicultores de Granada, Denominación de Orixe Mel de Granada e a Asociación para o Fomento dos Congresos Apícolas, organizadores do congreso, comunicaron que xa van máis dun centenar de comunicacións orais de científicos e técnicos de España, Francia, Portugal, Italia,Túnez, Marrocos e Arabia Saudí.

Estanse organizando 3 mesas redondas en torno ós agrotóxicos, a comercializción e a sanidade apícola. Ademais, ofrecerase un obradoiro sobre diagnóstico de varroa impartido por Antonio Gómez Pajuelo e hai previstas 6 interesantes conferencias de expertos, das que teñen confirmadas:

Dr. Karl Crailsheim. Institute of Zoology. Austria  Alimentación artificial de las colmenas. Ventaxas e riscos para a saúde das abellas e a calidade dos produtos apícolas.

Dr. François Diaz. (OIE, Organización Mundial de Sanidade Animal) Estratexias para previr pérdidas de abellas. Papel da OIE.

Dr. C. Lüllmann. QSI GmbH . Adulteración dos productos apícolas. Impacto nos mercados.

Dr. Jose María de Jaime.  A Apicultura nas artes e as ciencias.

Haberá un espazo para unha exposición comercial, do cal xa teñen ocupado o 40%, coa presencia de importantes empresas do sector.

Na web do congreso pódese facer a inscrición a través desta sección:

http://www.congresoapiculturagranada2016.com/?seccion=registros


Voltar